Viveiro, 3 de marzo, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro presentou varios rogos ao equipo de goberno relacionados co planeamento urbanístico, o estado das infraestruturas e o transporte de madeira polas pistas municipais.
Impacto do novo trazado da variante no Plan Xeral
O PSOE solicita a convocatoria dunha comisión especial do Plan Xeral para analizar as consecuencias do novo trazado da variante anunciado pola Xunta, que reduce o investimento previsto de 254 a 64 millóns de euros. O grupo lembra que o trazado anterior formaba parte da ordenación estrutural do Plan Xeral e que a modificación pode ter efectos técnicos e xurídicos no documento.
Afundimento e acumulación de sedimentos na Xunqueira
Os socialistas reclaman a reposición definitiva do pavimento no camiño de Fontecoba, fronte ao número 158, onde unha rotura de auga provocou un afundimento no verán pasado. Ademais, piden a retirada dos sedimentos acumulados polo río Fontecoba tras as últimas borrascas, como medida preventiva mentres non se executan as obras previstas pola riada de 2018.
Deterioro das pistas municipais polo transporte de madeira
O grupo socialista alerta do grave deterioro das pistas municipais debido ao paso de camións de madeira que superan amplamente a tonelaxe permitida. Reclaman que se faga cumprir a ordenanza municipal reguladora da saca de madeira, que se adopten medidas de control e que se esixa o arranxo das vías afectadas, especialmente nas zonas de Valcarría, Albo, Xuncal e As Seixas.




















O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



