Ribadeo, 5 de marzo de 2026. O pavillón municipal de deportes acollerá este sábado, 7 de marzo, o XVIII Torneo de Ximnasia Rítmica Concello de Ribadeo, que reunirá a 700 participantes. O evento está organizado polo club local Escola Porta Norte e polo Concello, e conta coa colaboración de Acisa, Gadis, Deporte Galego, Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e Construcciones Metálicas Cotarelo.
Nelly Bouso, directora técnica da Escola Porta Norte, comentou que “na cita contaremos coa participación de 700 ximnastas, todas procedentes da provincia de Lugo, así como un club convidado que ven de Pontevedra. A competición pola mañá dará comezo ás 10 e pola tarde ás 16:30 horas”.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent subliñou que “vai ser un sábado moi importante para Ribadeo no ámbito deportivo e para a súa dinamización hostaleira e comercial, porque estamos a falar da presenza de 700 ximnastas e dos seus acompañantes durante toda a xornada na nosa vila”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou que “desde Acisa colaboramos un ano máis con este evento deportivo, xa que supón a presenza en Ribadeo de máis de 1.500 persoas. Un torneo destas características xera un importante impacto económico na hostalería local. Felicitamos á Escola Porta Norte polo traballo que está a realizar”.
Silvent animou a asistir: “os amantes da ximnasia rítmica teñen unha cita esta sábado en Ribadeo para gozar con este torneo e con esta disciplina deportiva, tan implantada no noso concello”.
Na presentación do XVIII Torneo de Ximnasia Rítmica Concello de Ribadeo participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, a directora técnica da Escola Porta Norte, Nelly Bouso, así como a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



