O equipamento adquirido terá como destino os Hospitais Públicos da Mariña, Monforte de Lemos, Barbanza, O Salnés e Verín
Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2026. A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde, vén de publicar no Portal de Contratos Públicos a adxudicacion por un importe de 519.623 euros para o subministro de oito ecógrafos con destino aos hospitais comarcais da rede sanitaria pública galega.
O primeiro dos lotes adxudicados, no que a Xunta investirá unha partida de 353.199 euros para mercar cinco ecógrafos, ten como adxudicataria á empresa Celta ingenieros, quen se encargará de entregar cadanseu dispositivo nos servizos de Uroloxía dos Hospitais de Monforte de Lemos, O Salnés e Barbanza. Así mesmo, dous destes aparatos terán como destino o Hospital Público da Mariña.
Esta mesma empresa, Celta ingenieros, foi adxudicataria do subministro de dous ecógrafos con destinos aos servizos de cirurxía xeral e dixestiva dos Hospitais de Verín e de Monforte de Lemos. Este lote, conta cun investimento de 145.151 euros.
No terceiro dos lotes, a empresa General Electric Healthcare España subministrará un ecógrafo portátil con destino ao servizo de Dermatoloxía do Hospital Público de Barbanza. Neste caso, o Executivo galego inviste un total de 21.273 euros.
No marco do mesmo contrato están pendentes de adxudicar outros lotes que prevén a dotación de novos ecógrafos para os hospitais comarcais galegos, tamén nos Hospitais Públicos do Barco de Valdeorras e de Cee.
Gran funcionalidade
A ecografía é un procedemento de diagnóstico por imaxe que permite ver órganos e estruturas brandas dentro do corpo. Mediante este procedemento pódese visualizar calquera parte do corpo identificando con claridade a forma e tamaño de cada estrutura do seu interior.
Por outra banda, estes equipos ofrecen a posibilidade de estudar os distintos tecidos do corpo, como é o caso do fluxo sanguíneo de arterias e veas para detectar arteriosclerose e coágulos; analizar a glándula tiroides e outras estruturas brandas do pescozo; de tendóns, ligamentos, músculos e estruturas das articulacións; das glándulas mamarias ou para o estudo pelviano.
Ademais, actualmente as ecografías pódense combinar con outros procedementos como punción con agullas para biopsia, endoscopios ou outros equipamentos dando lugar a imaxes de fusión.


















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



