Lugo, 5 de marzo de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobará mañá – 6 de marzo – as bases das convocatorias de subvencións para asociacións culturais e clubs deportivos e do programa de educación no rural Da Escola á Granxa, que suman un importe de 1,5 M€ dirixidos ao tecido asociativo
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo incrementa o orzamento de todas estas convocatorias anuais, reforzando así o apoio directo ao asociacionismo deportivo, cultural, educativo e agrogandeiro.
O vicepresidente e responsable de Deportes Efrén Castro, a deputada de Cultura Iria Castro e o deputado de Rural Daniel García avanzaron este xoves o procedemento de aprobación das bases, que se publicarán no Boletín Oficial da Provincia ao longo da vindeira semana.
Estas convocatorias, en réxime de concorrencia competitiva, consolidaronse nos últimos como recurso fundamental para colectivos distribuidos por toda a provincia. En 2025, xestionáronse conxuntamente máis de 700 axudas directas, que se complementan con programacións e inciaitivas específicas desde cada área.
Subvencións para clubs e entidades deportivas
A convocatoria de subvencións a clubs e entidades deportivas incrementa un ano máis o seu orzamento, que pasa dos 600.000 aos 660.000 euros. Un crecemento do 10 por cento que consolida este convocatoria como a máis cuantiosa das que se realizan desde a institución provincial.
O vicepresidente e responsable de Deportes Efrén Castro repasa a traxectoria destas axudas, que, lembra, “nos últimos 3 anos incrementaron o seu orzamento dos 500.000 aos 660.000 euros” e “que proporciona a clubs de toda a provincia recursos fundamentais para a súa actividade ordinaria”.
As axudas oscilan entre os 500 e os 6.000 euros, en función de criterios obxectivos vinculados ao rendemento deportivo (ascensos de categoría, resultados en campionatos estatais ou internacionais,..), a incidencia social do club (número de licenzas federativas e/ou equipos en relación co número total de cada disciplina), o ámbito territorial, os anos de creación da entidade ou o persoal contratado.
Os clubs poden dispoñer dos fondos para gastos relacionados coa actividade competitiva como a compra de material deportivo e equipacións, custos de transporte, fichas, arbitraxe, persoal ou alugueiro de instalacións, entre outros.
Subvencións para asociacións culturais
A convocatoria que máis se reforza, en cifras absolutas, son as destinadas a asociacións culturais, que este ano contan cun orzamento de 600.000 euros, 100.000 máis que na última edición.
A deputada Iria Castro avanza que “unha das principais novidades da convocatoria é o incremento do importe mínimo das axudas, dos 500 aos 800 euros, que actualiza a cantidade mínima atendendo ao incremento xeral dos custos tantos dos servizos como dos materiais que as asociacións poden financiar con estas subvencións”.
A responsable de Cultura puxo en valor os colectivos culturais e veciñais, “unha rede fundamental para facilitar o acceso á actividade cultural e crear espazos de socialización e convivencia arredor da cultura e do patrimonio en toda a provincia, pero especialmente nos concellos máis pequenos. Unha parte importante das asociacións beneficiarias son pequenos colectivos, que actúan como centro da vida en comunidade en parroquias e aldeas repartidas por toda a xeografía da provincia”.
A convocatoria inclúe, como en anteriores edicións, dúas liñas de axuda, compatibles: unha para a realización de actividades culturais, dotada con 350.000 euros, e outra para melloras nas instalacións e no equipamento de locais, cun importe de 250.000 euros.
Quinta edición do programa Da Escola á Granxa
A Xunta de Goberno tamén dará luz verde ás bases da quinta edición do programa de actividades formativas no rural Da escola á granxa, que incrementa nun 25 por cento o seu orzamento, chegando aos 250.000 euros.
O programa diríxise a asociacións de nais e pais de centros de educación infantil e primaria, que reciben financiamento para visitar granxas e proxectos de emprendemento no rural e coñecer de primeira man o traballo do sector agrogandeiro e a súa contribución á produción de alimentos e conservación do medio natural.
O deputado Daniel García destaca que se trata dun programa “en evolución constante, tanto polo orzamento, que nos permite financiar cada ano máis actividades e chegar a máis nenas e nenos, como polos recursos didácticos que se van xerando como os libros Os Bolechas van da Escola á Granxa ou o xogo de mesa A pita choca, que será unha das novidades desta quinta edición”..
O deputado explica que “ ainiciativa conta cunha gran acollida por parte das Anpas e tamén das gandeirías, producións agrícolas e en xeral iniciativas de emprendemento no rural que se incorporan a oferta formativa do programa porque ven nel unha oportunidade para dar a coñecer o seu traballo, os produtos que elaboran e o patrimonio natural da súa contorna”.
A este respecto, destacou “a incorporación á oferta formativa de novas granxas, a maioría delas proxectos familiares, que teñen en común a aposta pola diversificación produtiva e pola produción ecolóxica”
O programa Da Escola á Granxa, que se puxo en marcha en 2022, chegou ao longo dos últimos catro anos a máis de 18.000 escolares da provincia e contou coa participación de 60 proxectos de emprendemento e granxas de toda a provincia.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



