Viveiro, 13 de marzo, 2026. EDP anunciou os proxectos seleccionados en Lugo dentro da nova convocatoria do seu programa de emprendemento rural ENTAMA, unha iniciativa destinada a apoiar o desenvolvemento económico, a fixación de poboación e a creación de emprego en territorios en risco de despoboamento. Nesta edición, o programa seleccionou dous proxectos innovadores na provincia de Lugo, marcando así a primeira vez que ENTAMA apoia iniciativas nunha provincia galega e ampliando o seu alcance territorial.
Un dos proxectos escollidos é Arándanos do Alba, en Cospeito (Comarca da Terra Chá), que propón a creación dun obrador propio para aproveitar o excedente de produción de arándanos e reducir custos. A iniciativa permitirá incrementar a rendibilidade do cultivo, optimizar a cadea produtiva e xerar valor engadido coa elaboración directa de marmelada. Ademais, contribuirá á economía local mediante o uso de provedores da zona e a dinamización do sector loxístico.
O segundo proxecto seleccionado é Hub Musical – Oiches, impulsado desde Viveiro. Esta proposta desenvolverá o primeiro directorio online integral do ecosistema musical en España, co obxectivo de conectar empresas, artistas e axentes culturais. A plataforma facilitará a dixitalización do sector, mellorará a visibilidade dos negocios locais e fomentará novas oportunidades laborais, cunha especial atención ao emprego feminino e ao impulso do talento creativo. Grazas ao seu alcance e capacidade de escalabilidade, o proxecto aspira a consolidar a comarca como un nodo cultural e tecnolóxico de referencia.
Ao longo das súas seis edicións, ENTAMA suma xa 89 proxectos emprendedores apoiados, cun investimento acumulado superior aos 875.000 euros. Esta convocatoria constitúe unha edición especial dedicada ás zonas de distribución eléctrica de Cantabria e Lugo, onde EDP Redes España reforza o seu compromiso co desenvolvemento económico local e coa creación de oportunidades nos territorios rurais. A través desta edición, a compañía impulsa a consolidación e creación de seis proxectos emprendedores, xerando 20 empregos en cinco municipios prioritarios.
EDP Redes España foi recoñecida como a empresa máis sostible do mundo segundo o índice GRESB, un logro que reforza o seu compromiso cun modelo enerxético responsable e coa creación de valor nos territorios nos que opera. Este recoñecemento internacional avala iniciativas como ENTAMA, que impulsan o desenvolvemento local, a empregabilidade e a dinamización socioeconómica en zonas rurais, aliñando o impacto social cos máis altos estándares globais de sustentabilidade.














Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas. Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.



