Ortigueira, 13 de marzo de 2026. O Concello de Ortigueira mellora a súa xestión técnica coa contratación, efectiva desde este pasado mércores, dun novo arquitecto municipal. Esta incorporación enmárcase dentro dun programa estratéxico destinado aos servizos de estudo e actualización do urbanismo local, unha iniciativa que busca optimizar os procesos administrativos e garantir un desenvolvemento ordenado do territorio.
O novo profesional desempeñará as súas funcións durante un período inicial de nove meses, tempo no que centrará os seus esforzos na análise e no alivio da saturación do departamento. O obxectivo principal deste reforzo é dotar o Servizo de Urbanismo dunha maior capacidade de resposta ante as demandas veciñais e os proxectos de infraestrutura que o municipio ten en marcha, axilizando a tramitación de expedientes e modernizando as ferramentas de planificación.
Valentín Calvín, alcalde de Ortigueira, expresou a súa satisfacción por este reforzo técnico, sinalando que “la llegada de este profesional es una excelente noticia para el ayuntamiento porque permitirá desatascar procesos que son fundamentales para el crecimiento económico y social del municipio”. Calvín subliñou ademais que o urbanismo é o motor que define o futuro de Ortigueira e que, con esta actualización dos servizos de estudo, o goberno local busca ofrecer unha maior seguridade xurídica á cidadanía e facilitar a chegada de novas inversións que redunden no benestar de toda a comunidade.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



