Despois da Segunda Guerra Mundial e ao longo de trinta anos, logrouse en Occidente e particularmente en Europa unha razoable integración entre economía e sociedade, converténdose este feito en motor de progreso e benestar.
Os mecanismos de intervención, tanto políticos como sindicais operaban con eficacia na conquista de melloras sociais, contribuíndo así ao afortalamento do pacto social.
Esta situación de equilibrio e concerto entre poder económico, político e sindical permitiu unha sólida vertebración e cohesión social, de tal xeito, que a democracia era valorada positivamente por unha ampla maioría social e converténdose Europa nun referente de benestar.
Pero, na década do setenta, empezaría a debilitarse os consensos da postguerra como consecuencia, entre outras cousas, da crise enerxética. Este feito traería consigo pasar do modelo económico keynesiano ao actual modelo neoliberal e tamén, a posterior globalización coa caída do socialismo real da URSS.
A partir de aquí entramos nun mundo novo, nun cambio de paradigma no que se van dar as condicións para que os grandes poderes económicos poidan trascender o poder dos Estados emancipándose do seu control político e propiciando a redución da súa soberanía, polo tanto, da capacidade real dos gobernos para implementar políticas sociais a prol do benestar da cidadanía.
Desta nova configuración do poder nacera a gran enfermidade do século XXI: a desigualdade social, que se expresa, por unha banda, na concentración brutal da riqueza e, pola outra, nun profundo malestar social froito da precariedade laboral e na redución das expectativas de futuro para a xente moza.
Por este feito, resulta sorprendente que non haxa unha masiva reacción dos sectores sociais afectados contra o actual estado de cousas que ten o seu por que na doctrina económica neoliberal que moitos perxudicados aplauden coas orellas.
Non me cabe dúbida que hai distintos factores que inflúen nesta anómala situación, máis o factor da hexemonía cultural paréceme un dos máis relevantes.
Pasados xa cincuenta anos, coido que xa resulta bastante claro que o neoliberalismo é moito máis ca unha teoría económica. È tamén, poderiamos dicir, o fundamento ideolóxico da sociedade actual que M. Thatcher sintetizou nesta frase: “A economía é o medio, o noso obxetivo é a alma”.
Un obxetivo logrado se recoñecemos que a devandita doctrina, nestes cincuenta anos, foi quen de transcender a esfera propiamente económica para colonizar todas as demais esferas da vida como no seu momento indicou o filósofo alemán J. Habermans; creando neste proceso unha nova subxectividade humana e como consecuencia unha nova sociedade fundamentada no individualismo e na competividade. Principios neoliberais que transcenderon o mundo económico para formar parte da personalidade da maioría dos individuos e mesmo das relacións sociais.
Polo tanto, o que era fundamento dun modelo económico pasou a ser tamén fundamento dun modelo de vida.
Estamos, xa que logo, diante dun feito totalizadora que como xa dixemos, abrangue todas as esferas da vida humana deixando moi pouco espazo para a construción doutras alternativas.
Esta situación que nos envolve como unha mesta néboa estanos a impedir ver a realidade tal como é, e a este fenómeno chámaselle hexemonía cultural. Unha forza que en democracia determina o poder real e dificulta a construción doutro tipo de sociedade máis solidaria, basada na forza da comunidade.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



