Daniel García anima á comunidade educativa a participar na quinta edición do programa, á que se incorporan sete novas granxas e producións agroalimentarias
Lugo, 15 de marzo de 2026. A área Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo bota a andar a quinta edición do programa “Da Escola á Granxa”, que promove actividades educativas en granxas, producións agrarias e proxectos de emprendemento no rural.
As asociacións de nais e pais de centros de infantil e primaria poden solicitar ata vindeiro 15 de abril a participación no programa, que ofrece subvencións -entre 300 e 1.100 euros – para financiar o desprazamento e o desenvolvemento das actividades recollidas no catálogo do programa, integrada por 45 granxas e proxectos agroalimentarios repartidos por toda a provincia.
“Da Escola á Granxa” ampliou e diversificou un ano máis a súa proposta educativa coa incorporación de 7 granxas novas respecto á última edición, ofrecendo un catálogo con producións diversas, desde a produción de mel, froita e produtos da horta ata a cría
gando vacún, ovino, cabrún, avícola ou cabalar ou a elaboración de queixos, lácteos, marmeladas, embutidos, galletas ou conservas.
O deputado Daniel García agradeceu “as granxas participantes a súa implicación en deseñar as actividades para os nenos e as nenas que as visitan, mostrándolles a importancia do sector primario na produción de alimentos e na conservación do territorio” e destacou que “a rede de proxectos que conforman o catálogo educativo reflicte a aposta polas granxas familiares, os modelos de produción sostibles e a diversificación produtiva que apoiamos con diferentes iniciativas desde a área de Rural”
O responsable de Rural animou á comunidade educativa a participar no programa, que, explicou, “reforzamos desde o punto de vista económico, incrementando nun 20 por cento o orzamento total, e tamén coa creación de novos materiais didácticos e lúdicos como o libro Os Bolechas van da Escola á Granxa e O Xogo da Pita Choca”
A convocatoria, publicada este sábado no Boletín Oficial da Provincia, conta cun orzamento total de 250.000 euros -50.000 euros mais que na pasada edición -. As bases e os formularios de solicitude están dispoñibles na web da Deputación de Lugo, no apartado de Medio Rural e do Mar (Subvencións Rural – concorrencia Da Escola á Granxa | Deputación de Lugo )
Granxas Participantes
As granxas e producións agroalimentarias que se incorporan ao programa este ano son a queixaría Bisqato de Guitiriz, a granxa ecolóxica Finca Agroecolóxica O Balado de Ribadeo, que cultiva produtos de horta e froiteiras e cría coellos e ocas e patos, a Gandería Feral de Outeiro de Rei, que cría porco celta, as producións apícolas Mel Casa da Torre de Cervantes, Mel das Fadas de O Incio e O Espírito da Colmea de Antas de Ulla e O Muíño de Coea de Castro de Rei, dedicado á elaboración de fariña e á cría de Galiña de Mos e Piñeira.
Súmanse a outros proxectos que xa recibiron visitas na pasada edición: A Horta da Sancoveiga de Vilalba, dedicada ao cultivo de horta e avicultura ecolóxica, Agroalimentaria Laurentina de Lourenzá, de horta e árbores froiteiras, as granxas de vacún autóctono en extensivo Cachenas Cas Fidalgo de Taboada e Cachenas de San Breixo de Triacastela, as gandarías de leite Gandería Castelo SC de A Pastoriza, Gandería Cid de Barreiros e Os Arroxos SL de Castro de Rei, a produción de mel Pingas de Gaia de Vilalba, as granxas en ecolóxico e con diversificación produtiva Casa Benito do Incio e Gandería Docampo de Castroverde, a produción de horta e conservas Ribeiregas de Negueira de Muñiz e a granxa de razas autóctonas da asociación Fogares Lar Muimenta, en Cospeito.
Tamén repiten Cooperativa A Carqueixa ( ganderías IXP Tenreira Galega) de Cervantes, Casa da Fonte (produtos lácteos con pastoreo en extensivo) de Ferreira de Pantón, Airas Moniz (queixaría e lácteos artesáns) de Chantada, Arqueixal (queixaría e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Casa Bértolo SC (agricultura e gandaría sostidas pola comunidade) de Friol, Caurelor (castañas, marmeladas e mel) de Quiroga, Champivil (envasado de produtos autóctonos e naturais) de Vilalba, Daveiga Galletas Mariñeiras de Chantada, El País del Abeyeiro (apicultura tradicional e ecomuseo) de Negueira de Muñiz, Embutidos Suarna de Navia de Suarna, Gandería Alejandro Salvatierra (gando en extensivo) da Pontenova, Gandaría Ana Pérez Boo, (gando ovino extensivo en pastoreo) de Abadín, Granxa Aeiroá (granxa avícola e ovella galega) de Láncara e Granxa Angus do Campo (gando vacún angus en extensivo e ecolóxico) en Castroverde, Granxa Teixeiro e Pistón (cabrún e cabalar en extensivo) de Becerreá, Mantoño Holstein (gando vacún leiteiro extensivo) en Barreiros, Milhulloa (herbas medicinais e cosmética) de Antas de Ulla, Muvicla (museo de maquinaría agrícola, gando vacún e mazás en ecolóxico) de Láncara, O Trobo (museo de mel e produción apícola) do Valadouro, SAT O Palomar (vacún leiteiro) de Láncara, Sen Máis -As Vacas da Ulloa (leite e lácteos ecolóxicos) de Palas de Rei, Terras da Mariña (produción de Faba de Lourenzá) de Lourenzá e Traloagro (gando vacún e avícola ecolóxico) de Friol, Tres Fuciños (cooperativa de porco celta) de Carballedo , ademais de Tropic Gaia, que impartirá obradoiros de horta e plantacións nos centros escolares, e ADEGA, que ofrecerá obradoiros de educación ambiental nos colexios.




















Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
O encontro incluíu sesión vermú amenizada polo Dúo The Poker e unha comida popular con empanada, embutido, croquetas, xamón cocido, tenreira asada e sobremesa. Pola tarde continuou a música e realizáronse sorteos de agasallos achegados polas asociacións colaboradoras. A iniciativa foi organizada pola Asociación O Castelo, en colaboración coas asociacións parroquiais e o Concello de Alfoz, que agradeceron a ampla participación. Durante a xornada tamén houbo un momento de lembranza para Jorge Val, exalcalde falecido hai un ano, destacando o apoio que brindou ás asociacións locais.
Celebrarase o venres 29 de maio ás 17:00 h e será gratuíta. Abordará o papel dos poliquetos no ecosistema mariño, as súas características e os riscos do uso de especies exóticas, con proxeccións e maquetas de varias especies empregadas como cebo. Impartiraa o grupo BIOCOST da Universidade da Coruña e está organizada por Posta de Encontro xunto con RedeMar, Xunta de Galicia, Federación Galega de Confrarías e a UDC. Reservas: WhatsApp no 634 97 08 86; 982 13 19 23; buenas@capturaspesca.com ou directamente na tenda Capturas Pesca, onde se celebrará o evento (Av. Leopoldo Calvo Sotelo 49, Ribadeo).



