Castiñeira asegura que “as queixas veciñais non deixan de medrar” e atribúe esta situación a “un modelo de xestión baseado na improvisación, que converte cada actuación nun gasto innecesario para que, ao final, as cousas queden peor do que estaban”
Foz, 24 de marzo de 2026. O Partido Popular de Foz, a través do seu voceiro Javier Castiñeira, volve a criticar con dureza a xestión urbanística do goberno local encabezado por Cajoto, ao que acusa de actuar “sen planificación, sen criterio e cun resultado claramente prexudicial para a imaxe do municipio”.
Como exemplo desta situación, o portavoz popular sinala as actuacións realizadas recentemente nas beirarrúas, onde se están a instalar elementos que cualifica como “neo xardineiras”. Segundo explica, “presentan un estado lamentable, sen rematar, sen coidado e sen ningún tipo de criterio estético”, engadindo que “están cheas de malas herbas e transmiten unha imaxe de abandono impropia dun concello como Foz”.
O PP destaca que esta situación non só preocupa á veciñanza, senón tamén aos visitantes: “son moitos os turistas que nos trasladan a súa sorpresas ao ver obras recentes en estado de abandono, o que prexudica gravemente a imaxe do noso pobo”.
RESPOSTA AOS INSULTOS DE INÉS COUTO
Por outra banda, Castiñeira tamén responde ás declaracións da tenente de alcalde, Inés Couto, criticando “o ton e a falta de respecto nas súas intervencións públicas”. Neste sentido, afirma que “a estratexia de insultos e descalificacións non fai máis que evidenciar a ausencia de argumentos e de proxecto por parte do goberno local”.
“O señor Cajoto debería centrarse en gobernar e escoitar á veciñanza, en lugar de utilizar á súa número dous para facer oposición da oposición”, engade o portavoz do PP, quen reivindica “o papel construtivo do Partido Popular á hora de propoñer melloras e solucións”.
Finalmente, o PP de Foz esixe ao goberno municipal “máis rigor, máis planificación e máis responsabilidade na execucións das obras públicas”, reclamando “que se rematen correctamente e que se garantice o seu mantemento” para evitar “situacións de abandono como as que estamos a ver actualmente”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



