Ribadeo, 1 de abril de 2026. Do 3 ao 11 de abril terá lugar en Ribadeo o XI Festival de Jazz & Blues. As entradas xa están á venda.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “do 3 ou 11 de abril, teremos en Ribadeo o Festival de Jazz na súa 11ª edición. Serán un total de 4 concertos. O primeiro deles o venres 3 de abril ás 20:00 horas no auditorio. Poderemos escoitar jazz clásico co grupo madrileño The Sentimental Gentlemen. O sábado 4 ás oito da tarde de novo, Will Jacobs e Marcus Coll Band achégannos desde Alemaña o son do blues de Chicago. O venres 10 de abril o dúo galego Antía Muíño e Ave Rábade interpretarán jazz moderno. E remataremos o sábado 11 cun concerto de Alana Sinkëy, con ritmo de soul, unha lisboeta con ascendencia de Guinea Bissau. Vémonos no festival de jazz. Vémonos no auditorio”.
As entradas están á venda en ataquilla.com
O XI de Jazz & Blues foi presentado polas concelleiras de Cultura e Turismo, Begoña Sanjurjo e Marta Saiz, e por Fernando Martínez e Rafael Monteavaro, representantes da organización.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



