Lugo, 16 de abril de 2026. O Pazo de San Marcos acolleu a presentación da décimo quinta edición da Camovi, que se celebrará os días 18 e 19 de abril na contorna do monte San Roque de Viveiro.
A Vicepresidencia da Deputación colaborará un ano máis na organización da proba que conta con máis de 900 persoas inscritas nas diferentes modalidades de participación – C42K, C21K, C10K, C42K RELEVOS, CamoviKIDS e unha andaina – e que completou xa as prazas dispoñibles nas distancias 21 e 10 quilómetros.
Efrén Castro destacou a Camovi como “unha das máis importantes do país” e que “supón unha fin de semana espectacular para un concello como Viveiro, grazas ao bo traballo do club e da organización que leva anos traballando para posicionar esta carreira a nivel internacional”
“Somos unha carreira pioneira, que fomos dando pasos medidos e estudiados. Non queremos ampliar o número de dorsais porque masificar o evento sería ir en contra da esencia do evento,que se plantea como unha experiencia de natureza, familia e aventura”, explicou Pedro Esmorís, director da carreira durante o acto, no que participaron tamén Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, e Manuel Otero, xefe de Deportes da delegación da Xunta de en Lugo.
A Camovi comezará o sábado coa Camovi Kids e a andaina e reserva para o domingo as probas de 42, 21 e 10 quilómetros. Nomes destacados do trail estatal como Alain Santamaría, Nerea Irigoyen, Antonio Martínez ou Roberto García ou o portugués Tiago Vieira confirmaron a súa participación na categoría elite.





















Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



