Burela, 28 de marzo, 2026. O conxunto feminino do Reyco Burela FS asinou un bo encontro en Poio ante un rival que pelexa polos postos de play off, pero regresou sen premio tras caer por 3-1 fronte ao Poio Pescamar.
Primeira parte moi sólida en defensa
O equipo dirixido por Belén Leal completou un primeiro tempo de gran orde defensiva, controlando as acometidas locais e mantendo o marcador a cero. Ningún dos dous equipos conseguiu romper o equilibrio antes do descanso.
Un segundo tempo con máis ritmo e goles
A segunda metade comezou con máis intensidade ofensiva. O Poio adiantouse no minuto 22 cun gol de Chuli, que aproveitou un roubo en primeira liña para bater a Ana Eliza.
A resposta laranxa chegou de inmediato cun auténtico golazo de Irene, que sorprendeu á internacional Elena cun disparo parabólico desde a frontal da súa propia área, un tanto de enorme calidade que devolveu o empate ao electrónico.
O partido escapóuselle ao Reyco Burela entre os minutos 26 e 29. A exburelista Débora fixo o 2-1 cunha gran acción no pivote, xirándose e definindo con precisión. Pouco despois, Rafa Pato ampliou a vantaxe cun tiro axustado desde uns 12 metros.
As mariñás buscaron recortar distancias no tramo final empregando a porteira-xogadora con Lara, pero non lograron transformar as súas chegadas en gol.
Ficha Técnica Poio Pescamar FS 3-1 Reyco Burela FS
Poio Pescamar (3): Elena; Carolina Pedreira, Chuli, Noelia Montoro, Bravo –quinteto inicial-, Débora, Zaide Pérez,
Reyco Burela FS (1): Ana Eliza; Cris Blanco, Laura Barranco, Sandra, Irene -quinteto inicial-, Gabi, Lara, Silvia Rubal (C).
Goles: 0-1, min. 22: Chuli. 1-1, min. 23: Irene. 2-1, min. 26: Débora. 3-1, min. 30: Rafa Pato.
Árbitros: Tania María Penabad // Daniel López // Andrea González. Sen tarxetas.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 22 de 1ª División Iberdrola FS disputado no pavillón municipal A Seca de Poio.


























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.

