Ameijide advertiu que “a subida do prezo das materias primas e, fundamentalmente, do petróleo e os seus derivados coma o gasóleo ou o betume para as estradas ou o formigón…” supón un encarecemento das obras nun 30 ou 40% que “vai dificultar moitísimo que os Concellos que presentaron obras para o Plan Deputación poidan facer fronte ás mesmas con este Plan, se dende a Deputación non teñen a sensibilidade de incrementar os fondos poñerán en risco moitas obras”
Lugo, 31 de marzo de 2026. O goberno provincial de PSOE e BNG rexeita a proposta do PP de incrementar o Plan Deputación, “como mínimo, o mesmo que está subindo o custe das obras ante o ascenso dos prezos, especialmente, o que estamos a sufrir estes meses”.
O portavoz popular, Antonio Ameijide, convidou ao equipo de goberno a “ter en consideración” incrementar os fondos deste Plan Deputación ante a subida xeneralizada dos prezos e o incremento dos custes das materias primas “fundamentalmente do petróleo e os seus derivados que acaba subindo o prezo do gasóleo, o betume para as estradas, etc”. E engadiu que o encarecemento das obras entre un 30 ou 40% “vai dificultar moitísimo que os Concellos que presentaron obras para o Plan Deputación poidan facer fronte ás mesmas con este Plan Deputación”.
Ameijide explicou que a inflación subiu un 3% e o orzamento provincial outro 3%, pero “o Plan Deputación só sube un 1% (250.000€ por ano). E ese incremento está moi por debaixo do custe da vida” polo que, na práctica, “é unha baixada do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos” que “o Grupo Provincial Popular pedía incrementar en 10M€”.
“E mesmo lles dixemos de onde sacar ese diñeiro: dos 15M€ anuais que destinan a convenios a dedo con Concellos gobernados por PSOE e BNG para gastos cuestionables, pagar delirios dalgúns alcaldes ou para poñer sobresoldos a outros…”, continuou o popular. “O que pedimos dende o Grupo Provincial Popular é un reparto xusto e igualitario, non sectario que é o que fan”, remarcou.
Antonio Ameijide lembrou, nese sentido, que “a pesar de que a presidenta dixo que ía cambiar as formas dando a entender que se ía distanciar do que segue manexando dende a sombra, segue facendo o mesmo. Nada cambiou: continúan aprobando convenios a dedo nas xuntas de goberno” para os Concellos afíns.
O popular recordou como durante o debate propuxo incrementar de inmediato os fondos destinados a cada concello a través do Plan para evitar que quedasen obras sen executar dada a suba dos costes dos materias e, por tanto, de execución das obras. “Vemos como tanto socialistas como nacionalistas seguen negándose a colaborar con todos os concellos de forma igualitaria xa que, do contrario, apoiarían de inmediato a petición de aumentar os fondos para garantir que se poden executar todas as obras proxectadas”, lamentou.
O portavoz do PP expuxo que “PSOE e BNG néganse a flexibilizar o uso deses fondos” porque “non permiten sufragar gastos xerais”. Pero si asinan convenios pola porta de atrás de centos de miles de euros con determinados Concellos para pagar a luz, materiais de obra, gasolina, seguros de coches e unha infinidade de tropelías pola mala xestión dos seus alcaldes”.
Ameijide tamén lembrou que “este plan nace dunha obriga legal”. E, engadiu que, “están a cumprir a lei obrigados polo PP que chegou a un acordo co PSOE nun momento no que o presidente da institución miraba máis alá do seu embigo e dos intereses persoais dos socialistas”. Así mesmo, incidiu en que “é unha fórmula mellorable, pero é máis xusta da que dispón a Deputación de Lugo para o reparto anual de fondos a tódolos Concellos da provincia”. O PP votou a favor porque “é mellor este plan que ningún”.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



