O Pleno provincial aprobou por unanimidade unha moción nacionalista para reclamar ao Estado o reforzo de Correos
Lugo, 31 de marzo de 2026. O BNG deu eco no pleno da Deputación de Lugo ás reivindicacións do persoal da sanidade pública galega que nas últimas semanas se está a mobilizar en demanda de máis profesionais e máis recursos en diferentes ámbitos da atención primaria e hospitalaria.
A portavoz do grupo provincial Iria Castro sinalou que “o conflicto laboral é a radiografía dunha sanidade ao límite a nivel estrutural” e fixo fincapé na situación do servizo de Urxencias do Hula onde, lembrou, “a presión asistencial se incrementou de expoñencial pasando de 81.000 a 110.000 en 2024 doentes por ano entre 2022 e 2024”.
A deputada nacionalista incidiu nas demandas do colectivo de enfermería e celadoras que carecen de medios e espazos para o desenvolvemento do seu traballo. “O que estamos vendo hoxe na atención primaria é o resultado de anos de falta de investimentos, de planificación e de falta de respecto polo persoal sanitario por parte do goberno do Partido Popular na Xunta. Cando se debilita a atención primaria o que está en xogo é o sistema, e moitas veces a iso xogan vostedes”, denunciou.
Iria Castro fixo esta valoración no debate dunha moción en defensa das reivindicacións do persoal da sanidade que saiu adiante cos votos de BNG e PSdeG, malia a oposición do Partido Popular.
A moción reclama a Xunta reforzar o cadro de persoal na provincia de Lugo para garantir a cobertura das prazas vacantes e reducir a sobrecarga asistencial, mellorar as condicións laborais do persoal médico e de enfermería e atender as demandas do colectivo de celadores en canto a materiais e cadros de persoal.
Unanimidade para reclamar ao Estado o reforzo do servizo de Correos
O pleno aprobou por unanimidade unha iniciativa do BNG que reclama ao goberno do Estado o reforzo de Correos para garantir a cobertura en todo o territorio da provincia deste servizo público.
A mocion presentada polo BNG denuncia “os recortes drásticos” que o goberno estatal está aplicando a este servizo, que repercuten tanto nas condicións laborais das traballadoras e traballadores como na súa cobertura efectiva, especialmente nos concellos e parroquias rurais.
A portavoz nacionalista Iria Castro fixo fincapé na redución de horarios planificada para as oficinas de Samos, Bóveda e Escairón ou na falta de persoal nas oficina do Valadouro, Foz ou Sarria, que encadrou nunha política encamiñada “cara unha privatización encuberta do servizo”
A deputada valorou a unanimidade lograda no pleno para reclamar o reforzo do servizo e defendeu a necesidade dun servizo público que poña a rendibilidade social por riba do interese económico.




















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



