Cervo, 1 de abril, 2026. ADEGA vén de presentar alegacións ao proxecto que pretende estender a vida útil da balsa de lamas vermellas de ALCOA en Xove máis aló do ano 2033. A día de hoxe aínda está en execución outro recrecemento —aprobado en 2005— para elevar a infraestrutura até a cota 104, mais a empresa xa pretende ampliala outros 6 metros, até a cota 106. Unha fuxida cara adiante que prolonga a “espada de Damocles” da balsa sobre toda a Mariña case unha década máis.
Unha sucesión de ampliacións que evidencia falla de previsión
Ao longo da vida desta instalación producíronse diversos recrecementos (1986, 1995) motivados polas “necesidades do proceso produtivo”. Outro proxecto presentado en 2004 e autorizado en 2006 elevaba os diques principais e de cola até a cota 100, permitindo o depósito de lamas até a cota 99. Segundo a empresa, isto garantiría 25 anos adicionais de capacidade, até 2029–2030.
Porén, sen ter rematada aquela ampliación, en 2021 presentouse un novo recrecemento —autorizado pola Xunta en 2025— para elevar os diques até a cota 104 e acumular lamas até a cota 103. De novo, ALCOA aseguraba que así prolongaría a vida útil até mediados de 2029.
Agora, co proxecto actual, Alúmina Española pretende —sen ter concluído o recrecemento autorizado en 2025— estender a vida útil do depósito outros 4 anos e medio. A xustificación repite o patrón dos proxectos de 2006 e 2025: previsións erradas e sistematicamente á baixa sobre o volume de lamas xerado.
Cambio na perigosidade dos residuos e reclasificación da balsa
Durante a tramitación do recrecemento até a cota 104, e segundo recolle a DIA de outubro de 2024, produciuse un cambio nas propiedades do residuo almacenado, que pasou a ser considerado HPO4 (irritante) e HPO8 (corrosivo). Isto implicou unha nova caracterización das lamas como residuo perigoso LER-01 03 10*.
En consecuencia, modificáronse os Plans de Emerxencia interior e exterior, e a balsa pasou a ser considerada instalación de Categoría A (RD 975/2009).
Ata 2020, as plantas de alúmina e aluminio contaban con AAI separadas. A partir dese ano, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental integrou ambas nunha única AAI (código AAI 2020-IPPC-110-331). Esta autorización segue considerando os residuos como “non perigosos” e a balsa como instalación “non de Categoría A”, con limiares e controis asociados a un risco inferior ao real.
A pesar deste desfase, ALCOA pretende seguir ampliando e enchendo a balsa baixo unha AAI obsoleta que non reflicte a verdadeira natureza dos residuos nin a perigosidade da instalación.
As demandas de ADEGA: peche inmediato e revisión da AAI
Nas súas alegacións, ADEGA esixe á Xunta que non autorice o novo recrecemento e obrigue ALCOA a pechar, selar e clausurar o depósito cando o enchido acade a cota 104 m. Reclama tamén a revisión de oficio da AAI no relativo á xestión e control das lamas vermellas, agora consideradas residuos tóxicos e perigosos (LER-01 03 10*).
En particular, ADEGA demanda revisar os limiares de contaminantes —especialmente fluoruros— nos efluentes do proceso de produción de alúmina e do propio depósito.
Non é asumible que a planta de alúmina e a súa balsa asociada sigan operando cunha AAI obsoleta e permisiva que non recoñece a toxicidade dos residuos nin a categoría de risco real da instalación.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



