Viveiro, 1 de abril, 2026. O BNG de Viveiro completa o proceso de renovación do grupo municipal de cara ás eleccións municipais de 2027. Carmen Mariño Caneiro colle o relevo na formación nacionalista, para substituír a Juan Ramón Martínez Castro.
Carmen Mariño é graduada en Relacións Laborais e veciña de Magazos. A asemblea local do BNG en Viveiro defínea como “unha muller comprometida, con capacidade técnica de xestión e cunha grande solvencia para impulsar o proxecto nacionalista”.
Mariño asumirá a acta de concelleira tras a renuncia de Juan Ramón Martínez Castro, quen, por motivos persoais, precisa neste momento deixar o cargo público. «Continuarei na política municipal apoiando o proxecto do BNG. Dou este paso satisfeito polo traballo realizado e seguirei colaborando coa agrupación local. Confío no proxecto político do BNG para Viveiro e o meu compromiso coa organización mantense firme», sinala.
A asemblea local do BNG expresou o seu apoio á decisión e trasladoulle o seu agradecemento polo labor desenvolto. A súa portavoz, Iria Cotelo, pon en valor a traxectoria de Martínez Castro, destacando a súa proximidade coa veciñanza, así como o seu compromiso e dedicación á fronte da área de Medio Rural durante o goberno bipartito.
«Durante este mandato, Churiño —como lle chamamos— conseguiu converterse nun referente nas parroquias, especialmente no rural, sendo a persoa á que veciños e veciñas seguen recorrendo cando precisan algo. Sinto orgullo do tempo que compartimos como concelleiros e de poder seguir contando coa súa colaboración desde fóra da institución», engadiu Cotelo.
A portavoz concluíu manifestando que «Carmen Mariño Caneiro é unha incorporación moi valiosa para o grupo municipal, que reforzará o traballo que estamos a desenvolver en Viveiro e contribuirá a seguir facendo medrar o proxecto do BNG no concello».



























María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. O sábado e o domingo desenvolverase un intenso programa de actividades pensadas para todos os públicos.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
Unha actividade marcada polo deporte, o compañeirismo e o bo ambiente. Na categoría Sub-12, os equipos gañadores foron Xove Fútbol Praia, Viveiro Celtic e Sanci FC; en Sub-15, Cachupa, Wachines e Encueradores; en Sub-17, Hamburguesas FC, EnlaDepor e Wachines; e na categoría Sénior, Hamburguesas, La Org e Motototo. As medallas foron entregadas pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, quen felicitou os equipos e agradeceu a participación das persoas inscritas, das familias, do público e dos colaboradores, destacando que fixeron posible unhas noites de fútbol praia inesquecibles. A programación deportiva continuará a semana do 20 de xullo coa celebración do torneo de Fútbol 3x3.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.



