Os interesados poden retirar as invitacións ata o mércores 15 para asistir a un acto que se celebrará no Val do Naseiro
Viveiro, 7 de abril de 2026. O Concello de Viveiro lembra que continúa aberto o prazo para anotarse na Comida do Maior, que se celebrará o vindeiro sábado 18 de abril no Val do Naseiro. O Goberno de Mariña Gueimunde anima á veciñanza a participar nesta cita, pensada para compartir mesa, convivencia e un día especial nun ambiente festivo.
A xornada está dirixida a persoas maiores de 65 anos, que deberán presentar o DNI no momento de retirar a invitación. Ademais, cada persoa poderá acudir cun acompañante; será necesario que se presenten ambas no momento de mercar as entradas para a súa correcta identificación.
Co obxectivo de beneficiar aos veciños e veciñas de Viveiro, o prezo será de 10 euros para as persoas empadroadas e de 30 euros para as non empadroadas.
A comida está concibida como un espazo de encontro para reforzar lazos e gozar cunha celebración pensada para xuntar á veciñanza e ás súas familias. O menú estará composto por callos como primeiro prato e costela de porco asada ao estilo da avoa Adelina como segundo, con viño branco e tinto da casa, cervexa, refrescos e auga, ademais de tarta xeada e café de sobremesa. Tamén haberá música e baile.
As invitacións poderán retirarse na conserxería do Concello de Viveiro ata o mércores 15 de abril, en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



