Burela, 7 de abril, 2026. Os comedores de centros escolares, centros de maiores e entidades de inclusión da Mariña Lucense celebrarán esta semana o “Día do Peixe”, unha acción incluída no proxecto “Sostibilidade da actividade pesqueira e consumo responsable”, promovido pola Fundación Expomar co apoio do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027 e do GALP A Mariña-Ortegal.
A iniciativa busca fomentar o consumo de peixe nestes centros, facilitando produto pesqueiro aos servizos de cociña para que o incorporen aos seus menús entre o mércores e o venres. O obxectivo é converter estes días nunha auténtica “Semana do Peixe”, cun impacto directo en arredor de 1.200 persoas da contorna.
Participan centros de maiores —como a residencia da terceira idade de Burela—, centros de inclusión con comedor —Fundación Eu Son (Burela) ou Saúde Mental A Mariña (Cervo)— e trece centros educativos con servizo de comedor situados nos concellos que integran o GALP A Mariña-Ortegal: Burela, Barreiros, Foz, Cervo, Viveiro, Muras, Mañón e Ortigueira.
A xornada celebrada o mes pasado na Escola de Hostalería de Foz serviu como preparación para esta semana. Nela presentáronse diferentes propostas culinarias elaboradas con peixe espada, a especie que se distribuirá aos centros. Participaron profesionais das cociñas con servizo propio e responsables das empresas de catering que xestionan outros comedores.
O proxecto, iniciado en outubro de 2025, culminará no “Congreso da Infancia e a Adolescencia”, que terá lugar o xoves 30 de abril na Casa da Cultura de Burela. O encontro recollerá os resultados das actividades desenvolvidas e incluirá relatorios e mostras de artesanía, cultura, literatura e gastronomía.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



