Viveiro, 8 de abril, 2026. O BNG de Viveiro reclama a renovación urxente dun tramo da rede de abastecemento en Landrove tras unha nova rotura que deixou sen auga a numerosas vivendas. A formación levará ao pleno un rogo para esixir ao Goberno municipal que execute de inmediato a obra comprometida.
Segundo explica o BNG, o treito afectado —uns 500 metros entre a ETAP e o cruce da LU‑161 coa LU‑540— ten arredor de 40 anos e está construído en fibrocemento, un material con elevada taxa de incidencias. A fronte lembra que xa en decembro de 2025 presentara unha moción para renovar esta infraestrutura, e que o executivo anunciara que os traballos se realizarían no primeiro trimestre de 2026, prazo que xa se superou sen avances.
A concelleira Iria Cotelo considera “inaceptable” que a veciñanza continúe sufrindo cortes e molestias por unha rede “claramente obsoleta”, e insiste en que o problema é estrutural e require unha solución definitiva.
O BNG reclama tamén actuacións urxentes na zona da Torre, en Celeiro, onde varias vivendas seguen afectadas por afundimentos en solares privados derivados do mal estado da rede de abastecemento. A formación lembra que o Concello só actuou na parte pública e que os danos en parcelas particulares continúan sen resolver.
Ademais, o grupo nacionalista pide retomar as ordenanzas de tenza de animais e de mercados, que quedaron moi avanzadas na súa etapa no executivo. Cotelo lamenta a súa paralización e as queixas veciñais polos cambios constantes na ubicación da venda ambulante, e insta a aprobar ambos textos para mellorar a organización e dar seguridade á cidadanía.





















Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.



