Cervo, 11 de abril, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Cervo expuxo no pleno deste xoves a súa preocupación pola existencia de irregularidades na xestión dos Servizos Sociais municipais, facendo referencia a un informe de inspección da Xunta de Galicia no que, segundo indicaron, se recollen deficiencias en organización, xestión administrativa e seguimento do servizo.
A voceira socialista, Mª Luján Ramos, sinalou que o informe describe problemas como expedientes incompletos, falta de planificación do persoal, incidencias sen rexistro, listas de agarda que non se respectan ou prestacións inferiores ás recoñecidas, e pediu ao goberno local que faga público o documento completo.
O PSdeG votou en contra dunha moción do Partido Popular sobre o financiamento da atención á dependencia, ao considerar que ofrece unha visión incompleta e que non aborda cuestións como a xestión dos recursos ou as listas de agarda. O grupo socialista afirmou que a moción non inclúe propostas concretas para mellorar o servizo no municipio.
En relación coa iniciativa do BNG sobre o servizo de emerxencias GES, o PSdeG criticou que fose substituída por unha moción alternativa do PP, e defendeu a recuperación deste servizo por consideralo esencial para a comarca.
O Grupo Municipal Socialista concluíu que continuará reclamando transparencia, mellora dos servizos públicos e unha xestión máis eficaz en beneficio da veciñanza.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



