Ribadeo, 13 de abril, 2026. A Garda Civil asistiu este domingo a unha persoa que sufrira unha parada cardiorrespiratoria na localidade lucense de Ribadeo, grazas á actuación inmediata dun axente que se atopaba fóra de servizo.
Os feitos ocorreron nas inmediacións do Parador de Turismo de Ribadeo, cando o axente, que circulaba no seu vehículo particular, observou un home tendido na beirarrúa, inmóbil, rodeado por varias persoas.
Ao achegarse para comprobar o sucedido, verificou que a vítima estaba inconsciente, sen respiración e sen pulso, presentando síntomas compatibles cunha parada cardiorrespiratoria. De maneira inmediata, iniciou as manobras de reanimación cardiopulmonar (RCP), que mantivo durante varios minutos ata conseguir que o afectado recuperase o pulso e a respiración.
Pouco despois, os servizos sanitarios chegaron ao lugar e procederon á estabilización do paciente. Debido á gravidade da situación, foi necesaria a intervención dunha ambulancia medicalizada, que trasladou o home ao Hospital da Mariña, en Burela (Lugo), escoltada por unha patrulla da Garda Civil.
A rápida e decisiva actuación do axente resultou fundamental para evitar un desenlace fatal e salvar a vida da persoa afectada.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



