Ribadeo, 13 de abril, 2026. Ribadeo dedicará o ano 2026 á figura de Leopoldo Calvo Sotelo, coincidindo co centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. Os primeiros actos terán lugar mañá, 14 de abril. Haberá unha ofrenda floral, un pleno extraordinario e tamén un acto litúrxico.
O alcalde, Dani Vega, contou que “este ano 2026 celebramos o centenario do nacemento de Leopoldo Calvo Sotelo e desde o Concello queremos dedicarlle este ano, baixo a reflexión, o debate e tamén o recordo da súa pegada. Pai da democracia, peza fundamental na transición, aperturista ante as novas realidades naquel entón da economía de Europa, entramos na OTAN, e defensor das autonomías, dado que o 18 de maio de 1981 tamén firmou o Estatuto de Galicia, un presidente galego firmou o Estatuto Galego”.
O rexedor considera que “o Concello de Ribadeo non pode esquecer a unha persoa que foi un gran presidente en pouco tempo, pero un gran presidente para España e evidentemente unha persoa que foi un alcalde, sen ser elixido, sen presentarse a esas eleccións, pero un alcalde onde contribuíu á maior inversión, á maior industria que ten Ribadeo, que é a Ponte dos Santos, o abastecemento de auga, a Avenida de Galicia, é dicir en infraestruturas tamén foi importante, en materia de turismo As Catedrais, en definitiva, foi un gran colaborador porque así el sempre o dixo, que tiña unha devoción por Ribadeo”.
Vega subliñou que “este ano vamos dedicarllo, non soamente a recordar a figura, senón a debater e reflexionar sobre ese político que tivo España, que estivo pouco tempo na presidencia do goberno, pero si que tivo unha pegada importante”.
Mañá pola tarde haberá varios actos en Ribadeo: “o pleno extraordinario o que quere é declarar o ano Leopoldo Calvo Sotelo. Empezaremos os actos cunha ofrenda floral ás 18 horas no cemiterio municipal, celebraremos o pleno ás 19 horas onde vai ter quenda de palabra Begoña Sanjurjo, concelleira de Cultura, Educación e Igualdade, que nos vai explicar todos os eventos, todos os actos que se van a organizar durante todo este ano. Por parte da familia intervirá Juan Calvo Sotelo, tamén tomará a palabra Antonio Martínez, que foi alcalde de Ribadeo, un gran alcalde que tivo a oportunidade de xestionar moitos dos recursos que acabo de explicar. Él achegaranos a todo o que se fixo nesa época, que foi moito e ben. E por primeira vez na historia acudirá un presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, será a primeira vez na historia que vai co presidir un pleno en Ribadeo e creo que é importante que a máxima institución de Galicia teña presenza neste acto, como dicía hai uns instantes, dado que o presidente Calvo Sotelo firmou o 18 do 5 de 1981 o Estatuto vixente, o Estatuto de Galicia”, seguiu a relatar.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “estes actos o que queren é recordar, queren reflexionar e debater sobre unha figura importantísima. Remataremos a xornada de mañá cunha cerimonia litúrxica, a celebración da misa ás oito da tarde, na que tamén vai participar a Coral Polifónica de Ribadeo”.
E engadiu: “creo que son actos para poñer en valor un presidente que era de Ribadeo, un presidente do Goberno que levou sempre a Ribadeo, tiña devoción polo noso pobo, e eu creo que a frase que está no Salón de Plenos é clara e explica moi ben o que queremos facer: Que honra ao seu pobo debe ser honrado”.





















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



