Ribadeo, 17 de abril de 2026. Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do acordo entre ambas entidades, reforzando así o tecido comercial local e apostando pola posta en valor dos negocios de proximidade.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinalou: “dende hoxe os negocios da Praza de Abastos e o propio espazo quedan integrados en Acisa Ribadeo. Levabamos moito tempo traballando para chegar a este momento, xa que consideramos que era unha medida estratéxica moi importante tanto para os praceiros como para a nosa asociación. A Praza de Abastos é un núcleo comercial fundamental, cunha identidade propia, que representa como poucos espazos o produto da nosa terra e do noso mar”.
E declarou: “estamos a falar dun espazo con preto dunha decena de postos, con actividades tan relevantes como peixerías, carnicerías, froitarías ou florarías, que ofrecen produtos de proximidade, frescos e de gran calidade. A súa integración en Acisa supón dar un paso adiante na súa visibilidade, dinamización e promoción. Queremos que a Praza de Abastos gañe protagonismo, que se consolide como un punto de referencia para veciñanza e visitantes, e que forme parte activa de todas as iniciativas comerciais e promocionais que desenvolvemos ao longo do ano”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, explicou que “este acordo é moi importante tanto para Acisa como para a Praza de Abastos. Dende hoxe, todos os establecementos da Praza quedan integrados individualmente na nosa entidade, con todos os dereitos e obrigas de ser asociados. Cada un deles terá representación na asemblea de socios, cun membro, un voto. En próximas datas constituirase a comisión sectorial de praceiros en Acisa, que será o foro no que se traballará sobre as iniciativas e preocupacións propias deste espazo. Así mesmo, contarán cun representante permanente na xunta directiva da asociación”.
Pérez Prada indicou: “a sinatura deste acordo implica que os negocios situados na Praza de Abastos participarán en toda a actividade de Acisa ao longo do ano: campañas comerciais, sorteos, accións promocionais, formacións, asesoramento técnico e en materia de subvencións, así como a organización de eventos e entrega de materiais. Isto permitirá integrar á Praza como un núcleo de actividade comercial de gran relevancia, no que estamos seguros de que as nosas accións terán unha maior proxección”.
Cruzado Iglesias dixo: “para nós é especialmente importante seguir tecendo sinerxías entre os distintos sectores: comercio, hostalaría, servizos, turismo e agora tamén os praceiros. Esta unión permítenos crear accións conxuntas máis potentes, xerar maior impacto e fortalecer o comercio local no seu conxunto. A integración da Praza de Abastos encaixa perfectamente coa nosa filosofía de traballo colaborativo e de apoio ao comercio de proximidade. Como sempre dicimos desde Acisa cantas máis socias e socios sexamos máis cousas poderemos facer e máis forza teremos como colectivo”.
O xerente de Acisa engadiu: “dende hoxe, os negocios da Praza estarán representados por Acisa ante as administracións, especialmente a local, como ante outras entidades e empresas. Traballaremos para defender os seus intereses, promover este espazo e poñer en valor a excelencia dos produtos de calidade que aquí se comercializan. Xa estamos a traballar na creación dunha marca propia de Acisa Ribadeo para a Praza de Abastos, que lle dea un novo impulso e reforzo á súa identidade. Con estas accións, estamos a cumprir cun dos obxectivos estratéxicos que dende Acisa nos marcamos para este ano 2026, ampliar a base asociativa integrando novos sectores estratéxicos e ampliar a nosa representatividade, cun espazo tan representativo como e a Praza de Abastos”.
Presidenta e xerente subliñaron que “a primeira iniciativa que levamos adiante para traballar pola Praza de Abastos, xunto ao Concello de Ribadeo, é a Gastropraza, á que nos sumamos neste ano e que programa actividades ao longo deste 2026”. E tiveron palabras de agradecemento: “agradecemos ás praceiras e praceiros a súa integración en Acisa.
Traballaremos pola dinamización deste emblemático espazo. E grazas ao Concello de Ribadeo por entender que o feito de que Praza de Abastos forme parte de Acisa é beneficioso para todos e polo seu apoio para que este reto que tiñamos se converta en realidade”.
Asinaron o convenio de integración da Praza de Abastos en Acisa Ribadeo a súa presidenta, Carmen Cruzado, e o presidente da Asociación de Praceiros, Manuel González. Asistiron ao acto o xerente de Acisa, Jesús Pérez, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.


