O portavoz provincial esixe ao PSOE “dar a coñecer quen son os cargos acusados de presunto acoso sexual e laboral que Méndez recoñecía nunha entrevista recente” e “aclarar que van facer: se os van apoiar como fixeron con Tomé sendo encubridores do caso dende o inicio ou non”
Venres, 17 de abril de 2026. O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, cre que a negativa da número 2 dos socialistas galegos, a lucense Lara Méndez, a pedir desculpas a Alfonso Villares, declarado inocente pola Xustiza, “deixa moi claro que ante os casos de presunto acoso sexual o PSOE non pretende defender a ningunha vítima nin ao feminismo, senón utilizalo politicamente”.
O popular condena, nese sentido, a “incoherencia” do PSOE galego que se nega a pedir desculpas a unha persoa declarada inocente pola Xustiza – despois de que a Fiscalía, un Xulgado e a Audiencia Provincial non observaran indicios de delito-, pero “continúa apoiando a outra á que a propia Fiscalía abriu investigación tras recibir unha denuncia no Xulgado”.
Ameijide tamén condena o uso do feminismo por parte da Deputación de Lugo á vista da campaña de humor coa que PSOE e BNG pretenden “branquearse” en materia de igualdade: “Estanse a rir do feminismo” á vista de que “o goberno provincial continúa a apoiarse en José Tomé, investigado por un presunto caso de acoso sexual”, manifesta.
Antonio Ameijide cre que “Lara Méndez debería explicar a que se refería cando recoñecía nunha entrevista recente que tiña coñecemento de máis cargos do PSOE acusados de presuntos casos de acoso sexual e laboral. É moi grave que Lara Méndez estea tapando máis casos de condutas machistas e de acoso laboral por parte de cargos do PSOE, denunciados a través da canle interna”.
Nese sentido, esixe aos socialistas “dar a coñecer quen son” e “aclarar que pensan facer ao respecto: se os van apoiar como fixeron con Tomé sendo coñecedores das denuncias e, polo tanto, encubridores do caso dende o inicio ou non”.
Así, o popular pídelle a Lara Méndez e ao PSOE “menos leccións e máis sacar ao machismo das institucións” toda vez que “a Deputación de Lugo aprobou no último Pleno unha iniciativa do Grupo Popular -co voto en contra do PSOE- para afastar das institucións públicas a Tomé -que se nega a aplicar a si mesmo o que esixía aos demais- e ás persoas que, tendo coñecemento dunha denuncia por acoso sexual, continuaron encubríndoo ata que se fixo público a través dun programa de televisión”.
“Tanto Ramón Gómez Besteiro como Lara Méndez e Pilar García Porto eran coñecedores, non fixeron nada e seguen sen facer nada. Os socialistas, que se declaran feministas, cada vez que teñen que elixir entre a vítima e os presuntos acosadores, póñense do lado dos presuntos acosadores e dan as costas ás vítimas”, conclúe.
ALCALDE DE MONFORTE
O Partido Popular insiste en reclamar aos socialistas que “aclare que pensan facer con José Tomé, acusado de acoso sexual cun expediente xudicial aberto e investigado pola Fiscalía”. Os populares lembran que “o PSOE mantén a Tomé como alcalde de Monforte de Lemos e os socialistas, xunto aos nacionalistas, apoiáronse nel para formar goberno na Deputación de Lugo. “A pesar de proclamar o seu feminismo, tanto PSOE como BNG, manteñen o seu pacto con Tomé, o presidente na sombra, e precisan do seu voto para adoptar acordos na institución provincial”, apunta Ameijide.
O popular pregúntalle ao PSOE “se pensa manter a Tomé como alcalde de Monforte a pesar de ter a posibilidade de elixir un alcalde socialista co apoio do Partido Popular. Rexeitando esta posibilidade demostran que o PSOE quere que José Tomé siga como alcalde, a pesar das investigacións abertas”.

















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



