A organización denuncia unha caída de 186 millóns nas rendas do vacún de leite e advirte dun risco real para a viabilidade das explotacións galegas
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2026. UCIN Galicia, a través do seu coordinador José Luis Calo, expresa o seu apoio ao sector gandeiro galego tras coñecerse novas estimacións que apuntan a unha perda superior aos 186 millóns de euros nos ingresos das explotacións de vacún de leite da comunidade.
Segundo datos trasladados por organizacións agrarias, a rebaixa media de 8 céntimos por litro nos novos contratos lácteos supón un impacto económico moi severo. Nunha explotación tipo, esta caída pode traducirse en perdas anuais próximas aos 27.000 euros. A situación agrávase polo forte incremento dos custos de produción, especialmente en gasóleo, fertilizantes e servizos agrarios.
UCIN Galicia denuncia que esta combinación de baixada de prezos e subida de custos “está a afogar literalmente ás explotacións familiares”, situando a Galicia nunha clara desvantaxe competitiva respecto doutras comunidades. En comparación con Asturias, por exemplo, existen diferenzas de ata un 24% no prezo do leite.
José Luis Calo afirma que “non se pode permitir que un sector estratéxico para Galicia, que fixa poboación no rural e xera miles de empregos directos e indirectos, sexa tratado como unha variable de axuste polas industrias lácteas”. Para o coordinador, a situación é “límite” e require unha resposta “inmediata e contundente” por parte das administracións.
A formación tamén manifesta a súa preocupación pola entrada masiva de leite de Francia e Portugal a prezos moi baixos, o que estaría a distorsionar o mercado e presionando á baixa os prezos percibidos polos produtores galegos.
Calo advirte de que, se se confirma a existencia de prácticas de concertación de prezos ou comportamentos propios dun cártel, “estaríamos ante feitos moi graves que deben ser investigados e sancionados con toda a contundencia da lei”.
UCIN Galicia reclama á Xunta de Galicia, ao Ministerio de Agricultura e aos organismos reguladores que actúen con urxencia para garantir o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria e evitar abusos que poñan en risco a supervivencia do sector.
Finalmente, a organización fai un chamamento á cidadanía para apoiar o consumo de leite e produtos lácteos de orixe galega. “Detrás de cada litro de leite hai familias, emprego e futuro para o noso rural. Defender o sector lácteo é defender Galicia”, conclúe Calo.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



