Burela, 20 de abril de 2026. DeWayne Russell e Salva Arco, do CB Breogán, visitaron este luns ás persoas usuarias da Fundación Eu Son de Burela. O deputado Daniel García, o tenente alcalde de Burela Mario Pillado e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade Sandra Fernández Cillero acompañaron ao base estadounidense e ao director xeral do club celeste nesta actividade, impulsada pola Vicepesidencia da Deputación.
Russell e Arco percorreron os distintos espazos de traballo e lecer da Fundación Eu Son, onde tiveron a ocasión de conversar coas persoas usuarias e coñecer de primeira man as tarefas que desenvolven nos talleres de cerámica e de serigrafía, onde elaboran agasallos e accesorios con deseños propios.
Sandra Fernández Cillero sinalou que “foi un enconto moi enriquecedor e agradeceu a cercanía e boa disposición dos representantes do Breogán, que en todo momento se interesaron polas actividades da Fundación Eu Son”. “Desde o Concello de Burela, queremos agradecer e poñer en valor este tipo de iniciativas que favorecen o intercmbio de experiencia e crearn espazos de convivencia, participación e ilusión para as persoas usuarias da Fundación”.
Daniel García explicou que “a colaboración que mantemos con CB Breogán desde Vicepresidencia da Deputación permitennos ogranizar actividades coma esta que xeneran unha gran ilusión e interese en todas as partes, como vimos esta mañá” e destacou que “esta visita busca tamén recoñecer a labor que a Fundación Eu Son realiza en Burela e na Mariña, ofrecendo oportunidades de benestar e desenvolvemento a persoas que o precisan”. Nese sentido, subliñou que “a inclusión e os coidados son piares da sociedade que temos que soster colectivamente”.
A Fundación Eu Son, dedicada a mellorar a calidade de vida de persoas adultas con discapacidade intelectural da comarca da Mariña, conta con 47 persoas usuarias e 13 traballadores.
A visita ao centro desenvolveuse no marco do acordo de patrocinio co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia ao CB Breogán e que inclúe, entre outras accións, a participación do club en iniciativas de sensibilización e visibilización de entidades sociais ou de fomento do deporte e dos hábitos saudables e a posta en valor de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais da provincia.






















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.


