A Presidenta da institución provincial mantivo este luns un encontro en San Caetano co Director Xeral de Emerxencias para pedir un reforzo no sistema de prevención e extinción, garantindo unha resposta rápida e eficaz en todo o territorio, especialmente nas zonas rurais e de montaña
Lugo, 20 de abril de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, mantivo hoxe unha reunión de traballo en materia de emerxencias coa Xunta de Galicia, onde trasladou a súa preocupación por reforzar o sistema de prevención e extinción na provincia de Lugo, especialmente nas zonas máis vulnerables do territorio.
Este encontro enmárcase na folla de ruta acordada tras a reunión mantida hai menos dun mes co Presidente Autonómico, Alfonso Rueda Valenzuela, e constitúe a segunda xuntanza cos grupos de traballo técnicos, avanzando así no cumprimento dos compromisos adquiridos entre ambas administracións.
Na reunión participaron tamén a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, así como a xerente e o secretario do Consorcio Provincial de Lugo para a Prestación do Servizo Contra Incendios e Salvamento, e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva, entre outros responsables.
Garantir tempos de resposta eficaces
No que respecta ao tempo de resposta, Carmela López explicou que na provincia de Lugo existen zonas de sombra en tempo de resposta, con especial vulnerabilidade demográfica, cunha poboación moi envellecida, elevada dispersión territorial e unha gran porcentaxe de núcleos de pequeno tamaño, factores que incrementan o risco ante incendios domésticos, accidentes ou outras situacións de emerxencia. Neste escenario, “resulta fundamental traballar coordinados para ter unha cobertura do 100% no territorio ante calquera incidencia, por iso a importancia desta reunión ”.
Un modelo máis estable e eficiente para os GES
En paralelo, a Presidenta trasladou á Xunta a necesidade de abordar unha solución integral para os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), fundamentais para garantir a cobertura en zonas rurais e complementar o labor dos parques de bombeiros.
A desaparición ou inactividade de varios destes grupos en concellos como A Fonsagrada, Guitiriz, Becerreá ou Cervo provocou unha situación de inestabilidade e incerteza no territorio. Ante esta realidade, Carmela López incidiu na importancia de traballar de maneira conxunta entre administracións para dar unha resposta estable e eficaz.
Con este encontro, a Deputación reafirma o seu compromiso cun modelo de emerxencias máis equilibrado, eficiente e adaptado á realidade territorial da provincia, garantindo unha resposta rápida e eficaz en todo o territorio, especialmente nas zonas rurais e de montaña.
Traslado ao Pleno da Deputación
A Presidenta anunciou ademais que esta cuestión de busca de traballo conxunto Deputación-Xunta de Galicia será elevada ao Pleno da Deputación correspondente a este mes de abril, co obxectivo de reforzar o respaldo institucional a estas propostas e seguir avanzando na súa materialización.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



