Ribadeo, 21 de abril, 2026. Para Mamá con ACISA, é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 23 de abril ao 5 de maio. Acisa sorteará tres premios: dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo, en Ribadavia, para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e un conxunto de colar e pendentes, creación de Mon Castro para Terra Branca.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo: “presentamos unha nova edición da campaña do Día da Nai na que imos sortear dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo, en Ribadavia, para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e un conxunto de colar e pendentes, creación de Mon Castro para Terra Branca. Queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día da nai”.
Cruzado Iglesias subliñou que “para agasallar nesta data xa saben que poden atopar todo o que precisan nos negocios de Ribadeo, que agardan contar coa súa fidelidade unha vez máis. Para sorprender ás mamás na nosa vila temos de todo, xunto a un trato personalizado e próximo e tamén asesoramento. E na hostalería local poderán celebralo en familia como se merece”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “a campaña desenvolverase do 23 de abril ao 5 de maio no comercio asociado a Acisa Ribadeo. As persoas que durante este período de tempo realicen as súas compras poderán cubrir as papeletas para entrar no sorteo do dia do pai. Vanse repartir 10.000 papeletas nesta campaña, 1.000 máis que o ano pasado. E debemos recordar que esta é a primeira campaña na que tamén na Praza de Abastos se poderán solicitar as rifas para o sorteo, que será non presencial e terá lugar o día 7 de maio nas instalacións de Acisa, entre todas as rifas cubertas polos clientes que mercaran no comercio asociado nestes días e os gañadores serán informados por teléfono do premio que lles correspondeu”.
Pérez Prada anima “á nosa veciñanza a celebrar este importante dia. A nosa hostalería conta cunha ampla oferta e con pratos moi orixinais e saborosos para desfrutar destas datas en familia. Ademais trátase dunha ponte festiva, xa que o dia 1 de maio, venres, é festivo, e eses días Ribadeo recibirá a visita de moitas persoas, como ven sendo habitual”.
A presidenta de Acisa agradeceu o apoio das empresas colaboradoras: “grazas a Bodegas Docampo e a Terra Branca, que nos doan estes importantes premios para a campaña do día da Nai de Acisa, que as persoas afortunadas poderán desfrutar segundo as condicións marcadas por cada establecemento”.
A campaña do día da Nai, organizada por Acisa coa colaboración da Xunta de Galicia, foi presentada pola presidenta e polo xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, que estiveron acompañados polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, polo alcalde ribadense, Dani Vega, e pola concelleira de Comercio, Marta Saiz.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



