Nota de prensa
O CONCELLO APROBOU A LICITACIÓN DAS OBRAS DE REFORMA E AMPLIACIÓN DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO, QUE SUPORÁN UN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS. FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE RIBADEO CONTARÁ CUNHAS INSTALACIÓNS DE ÚLTIMA XERACIÓN.
Ribadeo, 22 de decembro de 2010. No pleno extraordinario celebrado onte no Concello foi aprobada a licitación das obras de reforma e ampliación do pavillón polideportivo de Ribadeo, que suporán un investimento de máis de dous millóns de euros a financiar pola Deputación Provincial de Lugo.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “se deu o pistoletazo de saída a unhas obras sumamente importantes para o deporte en sí, para o deporte base, como tamén para evitar unha situación de inseguridade pública que tiñamos co pavillón vello, que ten máis de 40 anos e que está nunha situación de desgaste estructural advertida polos técnicos últimamente. Había que ir á clausura e demolición ou a unha nova construcción, conseguimos unha financiación cento por cento da Deputación, co cual o Concello non terá que poñer nin un só céntimo desta inversión de máis de dous millóns de euros”.
O rexedor explicou que “se vai refacer ese edificio, por dicilo doutro xeito váise facer un novo pavillón máis grande, adaptado á normativa, cun aforo dunhas 500 persoas e non só vai ter unha pista en sí, nesa pista, polas súas dimensións e cunhas lonas que a dividirán, poderán practicarse ata tres deportes á vez, algo que nos ven moi ben para o deporte base. Ao mesmo tempo contará con sala de enfermeiría, con gradas telescópicas e con locais e salas de reunións para asociacións e clubes deportivos, algo que era unha vella demanda de todos estes colectivos”. Suárez Barcia engadiu que “agora que o pleno lle deu luz verde á licitación da obra levaráse adiante durante os vindeiros meses do ano 2011 e á volta de todo este tempo Ribadeo contará cun pavillón de última xeración como ningún outro na Mariña. E o máis importante agora mesmo é que se dará solución a unha serie de entidades deportivas diversas que contarán cunha superficie pública moi importante e así resolveremos un problema de seguridade, dado que o edificio actual estaba nunha situación extrema e era necesario meterlle man, tal e como lle estamos a facer agora”.
Inundacións
Na sesión plenaria o alcalde deu conta “da actuación urxente que ordenei facer hai moi poucos días por unha situación de inseguridade, con posible risco de poder afectar ás persoas e a unha explotación agrícola, debido á situación na que se atopa o Río Grande despois das chuvias de hai uns meses, os danos ocasionados no seu momento non se resolveron por parte dos organismos que teñen a competencia niso, como Augas de Galicia. E por mor das chuvias de hai uns días déuse unha situación de certa perigosidade, os técnicos municipais suxeríronme a adopción de medidas inminentes de cara a preservar a seguridade pública tanto de persoas como das reses dunha explotación. As actuacións serán costeadas polo Concello para evitar males maiores, e de aí que en aplicación da lexislación vixente tiven que dar conta de maneira inmediada ao pleno na xornada de onte”.
O rexedor non quere entrar en polémicas pero subliña que “en todos os problemas ocasionados por estas chuvias que houbo nos últimos meses as diferentes administracións tiveron un comportamento desigual. O Goberno de España, ese co que a algúns estes días se lles enche a boca coas cousas que fan en Ribadeo, pouco fixo ou nada nesa materia, a Deputación fixo ben pouquiño, só durante uns días nos trouxo unhas máquinas para tapar catro baches, a Xunta fixo algo máis, pero insuficiente de aí que tivésemos que adoptar estas medidas. E ao final somos os Concellos os que sempre temos que asumir as responsabilidades que outros non asumen, pero polo menos senon fan que deixen facer”.
Telecentro
E por unanimidade se aprobou no pleno extraordinario de onte o protocolo de adhesión á rede de centros para a modernización e inclusión tecnolóxica da Xunta (Rede CEMIT). Suárez Barcia lembrou que “o telecentro de Ribadeo é o que máis usuarios ten de Galicia en relación coa súa poboación. No seu momento, hai dous anos, a anterior Xunta tiña dúas persoas sen que ao Concello lle costara un peso, pero as cousas cambiaron e como moito ofrecen unha persoa financiando o 80% e o outro 20% ten que ser costeado polo Concello. É sensiblemente inferior ao anterior, pero é mellor isto que nada e por iso decidimos adherirnos a este protocolo”. O alcalde engadiu que “así poderemos seguir prestando servizo a toda esta xente, sobre todo maior, que nunca se achegou ás novas tecnoloxías, pero que da gusto ver como van con regularidade a este telecentro a disfrutar de todo o que ofrecemos. Queremos continuar dando cursiños, formación, obradoiros para poder seguir facendo labores de alfabetización dixital e que moita xente non quede desapegada deste mundo das novas tecnoloxías da información e da comunicación”.





















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



