O convenio, por importe de 3.000 euros, pon en valor o traballo da entidade e reforza o apoio municipal ao deporte local
Cervo, 21 de abril do 2026. A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo, Miguel Ángel Rojo, mantiveron este mediodía un encontro de traballo no que abordaron diferentes temas, como o desenvolvemento das diferentes actividades que a entidade ten previstas para os vindeiros meses, así como as necesidades e as liñas de colaboración de cara á consolidación desta disciplina deportiva no municipio. Ademais, tamén se aproveitou o transcurso desta reunión para formalizar un convenio de colaboración, entre o Concello e a Escola por importe de 3.000 euros para este ano 2026.
A rexedora puxo en valor o traballo que realiza a entidade, destacando que “a Escola de Artes Marciais desenvolve unha labor extraordinaria, formando deportistas baseándose en valores como o esforzo, a disciplina e o respecto, situando a Cervo no epicentro das artes marciais, con cada evento que promoven no noso municipio”.
García Caramés subliñou ademais que este apoio económico forma parte dunha liña estable de colaboración do Concello co conxunto do tecido deportivo local: “Esta é unha partida que chega a todas as entidades e clubs do concello, porque entendemos o deporte como un piar fundamental pola súa importancia social, educativa e de saúde”.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


