O Vicedo, 21 de abril, 2026. Tras o incendio rexistrado esta mañá no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Vicedo, o BNG quixo trasladar unha mensaxe de solidariedade e apoio ás familias e ás profesionais afectadas polo suceso.
O portavoz municipal, Miguel Gómez, destacou que “o máis importante, e o que máis nos alivia, é confirmar que non hai que lamentar danos persoais. Nun momento de susto como este, a seguridade de todas e todos, e especialmente das crianzas, é a única prioridade”.
Á espera de esclarecer as causas
Gómez sinalou que agora é momento de manter a cautela e agardar polo informe oficial que determine a orixe do incendio. Subliñou que é fundamental coñecer con detalle o ocorrido para garantir que as instalacións sexan seguras no futuro.
Traballo para garantir a continuidade do servizo
O edil nacionalista explicou que xa se puxo en contacto co alcalde, quen lle trasladou que o Concello está a traballar intensamente para habilitar unha ubicación provisional que permita restablecer o servizo canto antes. “Agardamos que esta solución chegue o antes posible para minimizar o impacto na conciliación das familias afectadas”, afirmou.
Disposición total á colaboración
O BNG ofreceu ao Goberno municipal e ás familias a súa total disposición para colaborar en todo o necesario, co obxectivo de recuperar a normalidade o máis axiña posible e garantir o benestar da comunidade educativa.
Recoñecemento aos servizos de emerxencia
Miguel Gómez tamén expresou o seu agradecemento ao equipo de Protección Civil do Vicedo e ao resto de efectivos mobilizados: “Actuaron de xeito exemplar, demostrando unha profesionalidade e entrega fundamentais para garantir a seguridade da poboación vicedense”.
O portavoz concluíu lembrando que “ante as dificultades, O Vicedo ten que estar unido”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



