O portavoz popular lembra que “o PP presentou unha pregunta no Senado para saber cando se van arranxar esas partes que hai caídas”. Non obstante, incide en que esta iniciativa non exime ao Concello das súas obrigas: “Iso non quita de que o Concello de Foz faga as súas labores e teña as partes que están accesibles limpas, que é o míni9mo que se lle pide”
Foz, 22 de abril de 2026. O Partido Popular de Foz volve a denunciar a situación de abandono que presentan os paseos costeiros do municipio, especialmente na zona de Cangas, e reclama ao equipo de goberno municipal que actúe con urxencia para garantir o seu correcto mantemento.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica que esta demanda responde ás continuas queixas da veciñanza: “Unha vez máis, dende o Partido Popular de Foz queremos denunciar a falta de mantemento dos paseos costeiros por parte do Concello de Foz, que é a súa responsabilidade”.
Castiñeira sinala que, neste caso, foron os propios veciños de Cangas quen solicitaron a intervención do grupo popular: “Son os veciños de Cangas os que nos piden que pidamos ao equipo de goberno que canto antes se poña a traballar na limpeza dos paseos, xa que non se dan arranxado as partes do paseo que están cortadas por derrubamentos”.
O portavoz popular lembra ademais que o Partido Popular levou esta cuestión ao Senado para coñecer cando se acometerán as reparacións necesarias nas zonas afectadas: “O Partido Popular presentou unha pregunta no Senado para saber cando se van arranxar esas partes que hai caídas”. Non obstante, incide en que esta iniciativa non exime ao Concello das súas obrigas: “Iso non quita de que o Concello de Foz faga as súas labores e teña as partes que están accesibles limpas, que é o mínimo que se lle pide”.
Dende o PP denuncian unha situación de “deixadez absoluta” no mantemento municipal: “É unha labor do Concello de Foz que non está a facer ningún tipo de mantemento en practicamente nada”, asegura Castiñeira, quen apunta que esta situación é visible en toda a zona do paseo de Cangas.
Ademais, o portavoz popular pon como exemplo recente o estado da ponte do Curbeiro: “Fai poucos días avisamos de que estaba mal a ponte do Curbeiro en Foz; dicían que nos estabamos aproveitando, e aos poucos días está cortada”.
Finalmente, o Partido Popular insiste en que as súas denuncias responden ás demandas veciñais e urxe ao goberno local a actuar de inmediato: “Pedimos ao goberno de Foz que canto antes se poña mans á obra, limpe e roce eses paseos que son moi usados polo veciños e que, loxicamente, piden que estean decentes”.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



