Ribadeo, 2 de maio de 2026. Ribadeo acollerá do 22 ao 27 de xuño o Campus Mareo Itinerante do Sporting de Gijón, que foi presentado no Salón dos Alcaldes. No acto participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o CEO de The Football Dream, organizador do Campus Mareo Itinerante, Alberto Carmona, o coordinador da SD Ribadeo, Aitor García, e o técnico de Deportes do Concello, Iván López.
O edil de Deportes tivo palabras de agradecemento para o club asturiano: “quiero darle las gracias desde el Concello de Ribadeo al Sporting por enseñar los valores y ese gran talento de una de las mejores canteras del fútbol español, como dice su historia, a nuestros jugadores. Os damos las gracias por hacer tan bien vuestro trabajo, por entender que el deporte es clave y por escoger a Ribadeo como epicentro del fútbol, ya que somos ese punto de encuentro entre Galicia y Asturias”. Silvent engadiu: “son ya varias las ediciones que llevamos de este campus itinerante y apostamos por que se siga celebrando muchos años más”.
Silvent animou ás nenas e nenos a participar neste campus “por lo que va a suponer para todos ellos vivir esta experiencia con un gran club como es el Sporting de Gijón”.
O Campus Mareo Itinerante está destinado a rapazas e rapaces de 8 a 18 anos. A inscrición para participar está aberta. Pode realizarse a través do seguinte web: www.thefootballdream.com As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte correo electrónico: info@thefootballdream.com ou chamando ao teléfono 684 66 65 77.




















A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada, entre 12 e 19 horas, realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.



