Ribadeo, 23 de abril, 2026. O Concello de Ribadeo, en colaboración coa Asociación Cuiden Maiores e Coidadores, porá en marcha un novo Grupo de Apoio Mutuo (GAM) dirixido a familiares que coidan de persoas maiores no fogar. A iniciativa busca crear un espazo de encontro, escoita e apoio entre persoas que viven a realidade do coidado no ámbito familiar.
Segundo informou o Concello, o grupo iniciará a súa actividade o 28 de abril, terá carácter quincenal e desenvolverase no Centro Social de Ribadeo como proxecto piloto cunha duración inicial de tres meses.
Sesións e funcionamento
As sesións celebraranse de 16:00 a 17:30 horas e contarán cun total de seis encontros. O grupo está pensado para persoas que coidan dun pai, dunha nai, da parella ou doutro familiar maior, con ou sen demencia. O número de participantes será reducido para favorecer a confianza, a participación e o respecto aos tempos de cada persoa.
Segundo GAM da asociación
O de Ribadeo será o segundo Grupo de Apoio Mutuo dinamizado por Cuiden Maiores e Coidadores, tras a experiencia iniciada en Foz. A asociación continúa así unha liña de traballo centrada en crear espazos comunitarios de apoio para persoas que sosteñen o coidado diario dos seus maiores no fogar.
Un espazo para compartir e sentirse acompañadas
O obxectivo do GAM é ofrecer un lugar no que as persoas participantes poidan compartir experiencias, expresar como viven o coidado e sentirse comprendidas por outras persoas que atravesan situacións semellantes. Trátase dun recurso comunitario baseado no apoio mutuo e no acompañamento entre iguais, non dun servizo clínico nin terapéutico.
Desde a asociación subliñan que non se pode falar do benestar das persoas maiores sen ter en conta tamén a realidade de quen as coida. “A experiencia de Foz confirmounos a utilidade destes grupos, e agora Ribadeo convértese no segundo GAM dinamizado pola asociación”, sinalan.
Inscricións abertas
A participación será gratuíta, pero as prazas estarán limitadas a un máximo de 12 persoas, polo que é necesaria inscrición previa.
As persoas interesadas poden solicitar máis información ou reservar praza chamando ao teléfono 644 032 222.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



