Os traballos consisten na retirada de elementos que obstaculizaban o paso da auga, como acumulacións de troncos, restos vexetais, e en labores selectivos sobre a vexetación da ribeira
A Fonsagrada, 27 de abril de 2026. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visitou os traballos de mellora da capacidade de desaugadoiro do río Ferreira nas inmediacións de Ferreira de Abaixo, no Concello da Fonsagrada, que leva a cabo a Confederación Hidrográfica do Cantábrico, pertencente ao Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Democrático.
A subdelegada sinalou que “esta intervención é fundamental para protexer os terreos que se atopan nas marxes do río, porque permite a recuperación da capacidade de desaugadoiro de canle reducindo o risco de pequenos desbordamentos durante crecidas moderadas”. As actuacións consisten na retirada de elementos que obstaculizaban o paso da auga, como acumulacións de troncos, restos vexetais, e en labores selectivos sobre a vexetación da ribeira.
Os traballos, matizou Olimpia López, “contribúen á mellora do estado ecolóxico dos ríos e enmárcanse dentro dos obxectivos da planificación hidrolóxica e a xestión do risco de inundación do Goberno de España”.
Esta intervención desenvólvese ao longo dun tramo de 400 metros e conta cun orzamento de 7.501 euros, dentro do Programa de conservación e mantemento de canles que executa a Confederación Hidrográfica do Cantábrico, no ámbito das súas competencias na contorna rural.
No ano 2025, a Confederación Hidrográfica do Cantábrico destinou 5,9 millóns de euros a traballos de conservación e mantemento de canles en 263 actuacións distribuídas por 100 municipios.
A Confederación lembra que as denominadas coloquialmente como “limpezas” de canles -retirada de elementos que impiden o paso da auga, como troncos ou sedimentos- teñen un efecto limitado fronte a grandes crecidas, xa que a súa eficacia se centra en previr desbordamentos ante incrementos moderados de caudal. Por iso, sinalou López, “a redución do risco de inundación require un conxunto máis amplo de medidas, entre as que cobra especial importancia evitar a ocupación das zonas inundables”.
Alén da retirada de elementos que obstrúen as canles, a Confederación desenvolve actuacións orientadas a mellorar as condicións ambientais dos ríos, como a recuperación da vexetación da ribeira, a eliminación de azudes en desuso e o control das especies invasoras.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



