A actuación supuxo un investimento total de 302.185 euros, incluíndo tamén a renovación da Rúa do Farillón, financiado integramente con remanente municipal
Cervo, 28 de abril, 2026. O Concello de Cervo vén de rematar a actuación integral na Rúa Rosalía de Castro, en pleno centro de San Cibrao, unha obra que permite transformar este espazo nunha contorna máis accesible, segura e pensada para as persoas.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitou este mediodía a zona, xunto ao edil Adrián Arias e a concelleira Pilar Armada, para comprobar in situ o resultado final dos traballos, acompañada tamén por José Luis Sariego, da asociación de veciños, e por Toñita Casas, pedánea de San Cibrao, nun percorrido no que puideron valorar o cambio experimentado por esta vía clave do núcleo urbano.
A intervención permitiu ampliar de forma significativa as beirarrúas no lado contiguo ao xardín, gañando espazo peonil e favorecendo unha mobilidade máis cómoda e segura. No lado oposto renovouse o pavimento existente, mantendo o ancho pero mellorando a súa funcionalidade e estética, acadando unha imaxe uniforme co emprego de adoquín de formigón.
No que respecta á calzada, levouse a cabo unha rehabilitación superficial que mellora o estado do firme e a circulación rodada, mantendo a configuración da vía e garantindo unha convivencia equilibrada entre vehículos e peóns.
Os traballos completáronse coa renovación da sinalización horizontal, a posta a cota de pozos e arquetas, a reposición de mobiliario urbano, así como con melloras nas redes de saneamento e abastecemento e a modernización do alumeado público.
A alcaldesa destacou que “con esta actuación conseguimos unha rúa máis humana, na que o protagonismo recae nas persoas, gañando espazo público de calidade e mellorando a accesibilidade para toda a veciñanza”.
Engadiu que “non é só unha mellora estética, senón unha transformación profunda que adapta este espazo ás necesidades actuais, facendo de San Ciprián un lugar máis amable, cómodo e sostible”.
Así mesmo, puxo en valor que “este tipo de proxectos son fundamentais para avanzar cara a un modelo de vila centrado nas persoas, onde os espazos públicos conviden a vivir, pasear e compartir”.
A rexedora concluíu afirmando que “seguiremos impulsando actuacións que contribúan á humanización das nosas vilas, porque iso é investir directamente na calidade de vida da nosa veciñanza”.
A actuación contou cun investimento total de 302.185 euros, que inclúe tamén a renovación da Rúa do Farillón, financiado integramente con fondos municipais.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



