As familias interesadas poderán solicitar praza do 1 ao 15 de maio de 2026 no Rexistro Municipal
Ortigueira, 29 de abril de 2026. O Concello de Ortigueira anuncia a apertura do período de preinscrición para unha nova edición do servizo Almorzos na Escola, dirixido exclusivamente ao alumnado do CEIP José María Lage para o vindeiro curso académico 2026/2027. Trátase dunha iniciativa que aposta pola educación en igualdade e facilita a conciliación da vida laboral e familiar das veciñas e veciños do municipio.
O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto do 1 ao 15 de maio de 2026, e o trámite deberá realizarse de forma presencial no Rexistro do Concello, situado na Praza Isabel II.
O programa desenvolverase de luns a venres, en horario de 07:30 a 09:30 horas, ofrecendo unha solución eficaz para aquelas familias que precisan atención para os seus fillos antes do inicio da xornada escolar. Durante este tempo, os nenos e nenas participantes non só recibirán o seu almorzo, senón que tamén tomarán parte en actividades orientadas á adquisición de hábitos de vida saudables e ao fomento da corresponsabilidade.
Co obxectivo de adaptarse ás necesidades de cada fogar, o servizo mantén as súas tres modalidades habituais: asistencia diaria con almorzo, asistencia diaria sen almorzo, asistencia en días soltos con servizo de comida incluído.
As persoas que desexen obter máis información sobre o proceso de inscrición ou o funcionamento do servizo poden dirixirse ao Centro de Información á Muller (CIM) ou ao Centro Social de Ortigueira. Ademais, o Concello ten habilitado o teléfono 981 402 542 para atender calquera consulta relacionada co programa.
Esta actividade conta co apoio da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade do Goberno de España a través do Plan Corresponsables.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



