Este ano tocoulle a Galicia a honra de artellar a edición 2026 de EsLibre, Congreso de Cultura e Software Libre, desenvolta en Melide os pasados 17 de 18 de abril. En realidade, foron as asociacións Melisa e GalPon (Asociación de usuarios de software libre da Terra de Melide e Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra) as que se moveron para que Galicia fora, unha vez máis, terra de acollida. Neste caso, de xente que procura a liberdade a través da selva de espazos dixitais valados como propiedade e cotos de caza polas grandes empresas que nos rodean.
Nun mundo onde a propiedade (nosa) desaparece na rede para ser as ‘nosas’ cousas (entre outros, datos, lembranzas, movementos, fotos…) inmediatamente usadas por empresas sen pedirnos permiso -ou obrigándonos a darllo, ou mesmo apropiándose delas- a liberdade na rede, e en xeral, a liberdade dixital, é algo que temos que construír. Algo que, normalmente de xeito metafórico, pero ás veces mesmo de xeito real, necesita pola nosa parte algo daquel ‘sangue, suor e bágoas’ que pediu Churchill ó exercer o liderado na guerra mundial. E máis aínda, necesita de comunidade, organización e traballo nunha situación onde prima a desigualdade entre as partes. Como exemplo, capital e poder están localizados con precisión no campo das apropiacións e restricións.
En Melide, charlas, obradoiros, espazos de demostración, mesas de comunidades e actividades participativas foron compartidas por xente interesada no coñecemento aberto e conxunto, xa foran usuarios, perfís técnicos ou público xeral. Alí se compartiron experiencias, teceron redes ou impulsaron proxectos, creando valor para toda a comunidade, estivera ou non ali presente ou representada. Pois neste caso ‘aberto’ non significa só que se puidera ir, senón tamén que se puido participar sen custe, e sobre todo que as miras coas que se fai o congreso abranguen a todas as persoas, á humanidade, sen fronteiras nen aranceis. Unha apertura que mesmo se estende a campos máis aló dos límites definidos no título, facilitando a liberdade tecnolóxica ou, sinxelamente, a liberdade procurada en comunidade.
No caso do grupo que nos presentamos en conxunto a EsLibre, amarinha.gal, as actividades promovidas estaban relacionadas coa soberanía dixital e a construción conxunta da mesma co entorno que nos arrodea. Dende dar a coñecer o que estamos a facer na bisbarra ribadense a un obradoiro para axudar desenvolver as propias inquedanzas dos asistentes, tendo claro que non estamos preocupados por unha grande repercusión senón pola medida humana, preferindo aportar un pouco de ansia de liberdade e desenvolvela a través do coñecemento con aqueles estratos da sociedade que a miúdo non o reciben. Alí expuxemos a nosa primeira acción, a instancia amarinha.gal como xerme de rede social asociada á nosa bisbarra no universo Mastodon, ó igual que a nosa última actividade, un ‘repair café’, obradoiro de reparación que tivemos a sorte de axudar a poñer en marcha case todos os aparellos que foron levados alí por persoas diversas con ese fin. Isto último foi posible aproveitando o préstamo de espazo e material do CIFP Porta da Auga, o apoio na organización e seguro de Enxeñeiros sen Fronteiras ou a compañía de amigos especialistas en campos diversos, da mecánica á costura.
Retomando as últimas palabras a modo de resumo de filosofía de amarinha.gal e EsLibre: pódese ser libre sen unha rede de amigos?


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



