Compostela, 29 de abril, 2026. Nunha recente xuntanza do Comité Executivo da Enerxía, o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, informou sobre o estado dos traballos para a elaboración do novo Plano Sectorial Eólico de Galicia (PSEG), que será sometido ao procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE). O responsable autonómico sinalou que o PSEG vixente, aprobado en 1997, está superado e destacou a necesidade de que o novo documento reflicta o “potencial eólico real de Galicia”, promova un uso eficiente dos recursos e garanta “seguridade xurídica” ao sector.
Fernández Vila presentou un documento coas fases de tramitación do PSEG e cos criterios de valoración que permitirán elaborar o mapa base, obxectivo da primeira fase. Nela, as capas de afeccións ambientais superpoñeranse ao mapa de recurso eólico para determinar as zonas excluídas e as zonas aptas. As persoas integrantes do comité poderán realizar achegas ao documento nun prazo de dúas semanas.
Participación pública limitada
Preguntado sobre a apertura dun período de consultas previas para a elaboración do mapa base, o director xeral indicou que non está previsto. A participación nesta fase inicial limitarase ás mesas de traballo internas da administración e aos períodos regrados de consulta pública que se abrirán unha vez iniciado o procedemento de AAE.
Desde ADEGA sinalan que esta ausencia de participación aberta supón un déficit de partida e anuncian a presentación de alegacións para reclamar un procedemento de consulta cidadá antes do inicio formal da AAE.
Un proceso que non rematará nesta lexislatura
Segundo a planificación exposta pola Xunta, a tramitación do novo PSEG precisará un mínimo de 26 meses, polo que non se aprobará na lexislatura actual. Isto implica que os novos proxectos que se presenten durante a elaboración do plano continuarán a tramitarse baixo o PSEG vixente e as modificacións introducidas na Lei eólica 8/2009.
ADEGA lembra que leva anos reclamando un novo PSEG sometido a avaliación ambiental e considera que a súa tramitación debería ir acompañada dunha moratoria para novas instalacións, como ocorre noutros instrumentos de ordenación territorial.
Criterios iniciais e críticas de ADEGA
Para o deseño do mapa base, a Xunta presentou unha listaxe de factores ambientais e indicadores que determinarán a idoneidade dos territorios para acoller instalacións eólicas. ADEGA considera que estes criterios son incompletos e pouco rigorosos, e anuncia que solicitará a súa revisión e adaptación á realidade galega.
A organización ecoloxista tamén avanzou que achegará as súas propostas actualizadas de áreas de exclusión —xa remitidas en 2022 á Xunta e ao Ministerio— e reiterará a petición dunha moratoria mentres se tramita o novo PSEG.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



