Ribadeo, 30 de abril de 2026. O IES Dionisio Gamallo, de Ribadeo, acolleu esta semana tres charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña Lucense. Estiveron destinadas aos estudantes de 4º da ESO aos que lles insistiron en que “aquí hai futuro, que hai moita demanda de man de obra por parte das empresas, e que tamén nesta comarca é posible emprender”.
Polo centro ribadense a falar das súas experiencias laborais e persoais pasaron Iván Marrube, Ceo de Reyco; Roberto Díaz, propietario de Talleres Cardi; Antonio Graña, director dos Paradores de Turismo de Ribadeo e Vilalba; Beatriz Irigoyen, propietaria de Mariña Asesores; Tita Iglesias, xefa de sala, sumiller e copropietaria do hotel restaurante Javier Montero; e Carmen Cruzado, presidenta da FCAM.
Cruzado Iglesias agradeceu “a implicación e a participación de todas as empresas que nos acompañaron esta semana, o luns, o mércores e hoxe mesmo por achegar ás rapazas e aos rapaces ao mundo laboral e a todas as posibilidades de futuro que teñen nesta comarca. Moitas grazas ás empresas patrocinadoras deste segundo ciclo de charlas, que son Reyco e BeOne, e á Consellería de Educación. E agradecemento especial tamén para a directora do IES Dionisio Gamallo, María Ron, pola acollida e por abrirnos as portas do centro”.
Este segundo ciclo de charlas sobre o futuro laboral na Mariña, que organiza a FCAM, arrincou a finais do pasado ano no CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, pasou polo IES Monte Castelo, de Burela, e chegou estes días ao IES Dionisio Gamallo.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



