O Concello recepcionou esta semana as últimas obras, financiadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo cun investimento de 225.000 euros
Barreiros, 30 de abril de 2026. Esta semana concluíu -coa recepción oficial das obras- a segunda fase da mellora da rede de abastecemento de Barreiros, financiada a través dun convenio de colaboración entre o Concello e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
As obras, executadas por Tragsa, realizáronse nos tramos máis deteriorados da rede secundaria, onde se renovaron as tubaxes (substituíndo as vellas conducións de fibrocemento por outras de polietileno) e as chaves de conexión e corte, aumentando o caudal e mellorando a eficiencia da submnistración das vivendas, granxas e negocios da contorna.
As actuacións, executadas por Tragsa, centráronse en Celeiro de Mariñaos, nas vivendas próximas á praia de Anguieira, na contorna das vivendas sociais de San Cosme e noutros tramos e ramais a carón da estrada estatal, tamén en San Cosme, entre a farmacia vella e a gasolineira.
Ademais, o Concello de Barreiros aproveitou ás obras para realizar melloras nas gabias e nas zonas das beirarrúas levantadas para executar as obras, entre elas, varios treitos a carón da N-634 entre a gasolineira e a casa consistorial.
O deputado Daniel García, a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida, a concelleira de Educación Igualdade e Saúde Pública Montse Porteiro supervisaron as obras, acompañadas por operarios do Concello e por técnicos da Deputacion de Lugo e de Tragsa.
O deputado Daniel García destacou que conclúen “uns traballos que, ademais dun investimento importante, de 225.000 euros nesta segunda fase, supuxeron un esforzo técnico e administrativo ao incluir actuacións a carón dunha estrada estatal e en zonas rurais en que resultou complexo localizar as conducións”. Nese sentido, o responsable provincial destacou que “a colaboración entre administracións foi fundamental para levar a cabo este proxecto, que mellora un servizo básico para o día a día das veciñas e veciños”
Ana Ermida explicou que “damos un paso máis nos multiples investimentos que realizamos desde o concello para mellorar un servizo tan básico como o abastacemento de auga potable. Comezamos hai sete anos cun déficit moi importante nestas infraestruturas que imos corrixindo e que vai mellorando o servizo que recibe cada persoa nas vivendas e nas empresas”.
A alcaldesa subliñou que “son obras moi importantes tanto desde o punto de vista como económico como dos servizos básicos que moitas veces non se ven e non se valoran o suficiente porque unha vez finalizados non quedan a vista, pero sen dúbida todas e todos agradecemos que cando abrimos a billa saia auga de calidade” e avanzou que o Concello seguirá traballando neste ámbito “para dar servizo á realidade existente tendo en conta tamén o futuro desenvolvemento que poida producirse”.
A renovación das conducións da rede secundaria realizadas nos úlitmos meses dá continuidade aos traballos realizados o ano pasado noutros elementos da rede de abastecemento, como as melloras no depósito de Merille –fundamentalmente o tratamento das fisuras do depósito e a impermeabilización da cuberta– e na estación de bombeo da Folgueirosa, onde se se instalaron novas bomas e se adaptou a instalación hidráulica e eléctrica, cun investimento 118.00 euros.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



