As axudas, cun importe máximo de 4.000 euros por granxa, poden solicitarse do 1 ao 15 de maio, incluídos
Lugo, 30 de abril de 2026. Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo abre mañá –1 de maio- a convocatoria de axudas á recría de Raza Rubia Galega do programa Marela!.
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases da convocatoria con axudas de 400 € por xovencas nacidas na propia granxa , que teñan acreditado un parto antes dos 36 meses e que estean inscritas no Rexistro Definitivo do Libro Xenealóxico de Raza Rubia Galega de ACRUGA.
O importe máximo das axudas por granxa increméntase nesta terceira edición ata os 4.000. euros. O prazo de solicitude é de 10 días hábiles, do 1 ao 15 de maio, ambos incluídos. Os formularios están dispoñibles na páxina web da Deputación de Lugo, na sección Medio Rural e Mar (https://deputacionlugo.gal/gl/node/81633)
O deputado de Rural Daniel García explicou “damos continuidade a un programa que na pasada convocatoria chegou a 273 ganderías da provincia”.”Tratase dunha achega económica coa que se pretende apoiar a actividade de gandeiras e gandeiros que conservan e melloran un patrimonio xenético e que sustentan parte da gandería de vacún de carne na provincia, poroducindo carne de calidade e contribuíndo a conservación do territorio e á fixación de poboación no rural”.
A convocatoria Marela! encádrase no apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ás ganderías de razas autóctonas galegas, que este ano se reforza cunha nova convocatoria dirixida á preservación das razas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa e das razas Ovella e Cabra Galega, consideradas en risco de erosión xenética. A convocatoria desa nova liña de axudas -o programa Morenas – está previsto para mediados do mes de maio.





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



