Ortigueira, 30 de abril de 2026. Ortigueira viviu hoxe unha xornada histórica coa entrega oficial do Privilexio Rodado de Afonso X “O Sabio” e da Confirmación de Henrique III de Castela. Nun acto solemne celebrado no Teatro da Beneficencia, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega formal destes valiosos pergamiños ao Concello, que os acollerá grazas ao convenio de comodato asinado coa Fundación Pública Galega Camilo José Cela, entidade propietaria das pezas.
O evento contou coa presenza do conselleiro de Cultura, José López Campos, membros do padroado da fundación e a totalidade do goberno local, que quixeron acompañar este fito para o patrimonio municipal.
Un acto solemne para unha peza única
A cerimonia comezou no Teatro da Beneficencia, onde os documentos foron presentados ao público antes do seu traslado definitivo á Casa do Concello. Tras a sinatura no libro de convidados por parte das autoridades, o Privilexio Rodado foi instalado no salón de sesións, o lugar de honra onde permanecerá exposto.
Datado en 1255, este pergamiño outorgou no seu día o foro de Benavente a Ortigueira e consolidou o seu carácter como vila real, baixo dependencia directa do monarca.
A emoción dun día histórico
O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, expresou a súa profunda emoción durante o acto e subliñou que a xornada representa: “el cumplimiento de un compromiso con la memoria de todos los vecinos y vecinas”. O rexedor destacou que recuperar o documento fundacional da vila é un acto de: “justicia histórica que devuelve a Ortigueira una parte esencial de su identidad”. Calvín puxo tamén en valor a colaboración institucional que fixo posible este momento histórico.




















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



