O próximo día sete deste mes de maio, celebrarase no Concello de Lugo o Pleno da Moción de Censura. Unha moción presentada polo P.P. e unha tránsfuga do PSOE, co fin de desbancar ao actual goberno bipartito.
Unha primeira resposta popular a esta moción de censura foi o pasado 24 de abril, cando centos e centos de lucenses manifestaron con claridade a súa indignación.
Trátase dunha censura ao actual goberno que sendo legal, a considero, neste caso, ilexítima, inmoral e politicamente inconsistente.
É legal porque a Moción de Censura é un mecanismo previsto no artigo 197 da Lei Orgánica 5/1985 do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral e que só esixe como requisitos fundamentais para a súa presentación a firma da maioría absoluta dos concelleiros e, de entre eles, un candidato a Alcalde. Neste eido, polo tanto, nada que reprochar.
Pero, pola contra, é unha moción ilexítima porque se sostén no voto dunha tránsfuga que decidiu, sen outras razóns máis aló das persoais, frustrar e traizoar a vontade popular manifestadas nas urnas pola cidadanía lucense, quebrantando deste modo o principio democrático de representación. En consecuencia, parece evidente que o novo goberno nacera cunha ilexitimidade de orixe flagrante.
Ademais, a súa presentación é tamén inmoral porque é o froito dunha traizón post mortem das ideas e a vontade dun compañeiro a quen a concelleira tránsfuga lle tocou sustituir. Estamos, xa que logo, diante dunha flagrante deslealdade e dunha traizón intolerable á memoria dun concelleiro difunto. Semella que xa nin os mortos se respectan.
Estamos, polo tanto, diante dunha violación de principios democráticos e de valores morais que deberían estar sempre por enriba das cuestións políticas partidistas.
E por último, politicamente resulta moi difícil de explicar. Primeiro porque só queda un ano para as eleccións e polo tanto, un tempo insuficiente para poder executar algún proxecto que mereza tal nome .
Pero, ademais, o Goberno censurado conta cuns orzamentos aprobados, para máis inri, co voto da tránsfuga, o que lles permitiría executar e xestionar con toda normalidade ao longo do ano as políticas acordadas.
Por todo o devandito e para concluir paréceme oportuno rematar con estas palabras do, todavía, Alcalde: “Tres mortos e unha tránsfuga son todos os avais que presenta o PP, con Elena Candia ao frente, para asaltar o Concello de Lugo.”
Desta maneira tan indigna é como se vai contribuir un pouco máis á degradación democrática e normalizar a desvergoña. Unha mágoa.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



