Mondoñedo, 1 de maio, 2026. O deputado de Rural, Daniel García, entregou hoxe en Mondoñedo os premios da Feira Tradicional de Gando e Razas Autóctonas das Quendas, un evento organizado pola Asociación As San Lucas e que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
García felicitou ás persoas e ganderías premiadas e agradeceu a participación de todas as explotacións que contribuíron a manter viva unha tradición secular que reflicte o peso da gandeiría —especialmente do gando cabalar— na Mariña interior.
O apoio da área de Rural ás Quendas forma parte da súa aposta por visibilizar a importancia estratéxica da actividade agrogandeira na provincia, promover as razas autóctonas e poñer en valor o patrimonio cultural e histórico dunha feira cuxas orixes se remontan ao século XVI.
Premios da Feira das Quendas 2026
Maior número de cabezas de gando cabalar
1º Xan das Bouzas
2º Javier Ares
3º Abel Sánchez
Mellor Cabalo de Pura Raza Galega
1º Candaoso, de Javier Ares
2º Rango de Caxigueira, de Moisés García
Mellor Poldro do Ano 2026
Fillo de Cantora, de Samuel Otero
Cabalo Mellor Engalanado ao Xeito Tradicional
Turco, de Iker García
Mellor Cabalo Percherón
1º Luna, de Carlos Fraga
2º Berta, de Lorenzo Veiga
Mellor Burro
Cristiano, de Miguel Jiménez
Xinete/Amazona máis novo/a
Rubén Vázquez (7 anos)




















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



