Ribadeo, 4 de maio, 2026. O BNG de Ribadeo alerta da delicada situación económica do Concello tras o informe do Consello de Contas de 2024
O BNG de Ribadeo expresou a súa preocupación pola situación económica do Concello despois da publicación do informe de fiscalización das entidades locais galegas correspondente ao exercicio 2024, elaborado polo Consello de Contas.
Segundo recolle o documento, Ribadeo presenta aforro neto negativo e un remanente de tesourería axustado tamén negativo, situándose entre os catro concellos con peor situación económica dos analizados. Para o BNG, esta combinación evidencia a necesidade de adoptar medidas urxentes que garantan a sustentabilidade dos gastos correntes.
O portavoz municipal, Martín Graña, sinalou que o informe confirma as advertencias realizadas polo grupo nacionalista nos últimos anos. Indicou que o aforro municipal “se reduciu máis dun 134% entre 2023 e 2024”, o que, segundo afirmou, evidencia un deterioro significativo da situación financeira.
Graña lembrou tamén que Ribadeo é, segundo datos oficiais recentes, o concello da Mariña co período medio de pago máis longo, ademais de ser o que máis incrementou a súa débeda nos últimos anos. Para o BNG, estes factores agravan a situación e teñen consecuencias directas, como atrasos nos pagos a autónomos e empresas, menor capacidade de apoio ao tecido asociativo e unha posible redución do investimento municipal nos vindeiros exercicios.
O portavoz subliñou que a saúde económica municipal “afecta ao día a día da veciñanza, ao mantemento dos servizos e ao desenvolvemento de proxectos de futuro”, polo que reclamou responsabilidade, planificación e transparencia para reverter a situación.
Desde o BNG instan ao goberno municipal a ofrecer explicacións claras e a aplicar un plan rigoroso que permita recuperar a estabilidade financeira. Graña afirmou que o grupo nacionalista mantén o seu compromiso cunha xestión pública responsable e orientada ao interese da cidadanía.





















Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.



