José Manuel Gómez Puente denuncia o estado de abandono que presentan moitas zonas do municipio, o que dificulta o tránsito peonil e supón un risco para a seguridade viaria e insta ao Concello a actuar de oficio nas vías municipais e a requirir formalmente á Deputación de Lugo o desbroce nas estradas da súa titularidade
Barreiros, 4 de maio de 2025. Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Barreiros lamentan a imaxe de abandono que presentan actualmente as beirarrúas e as zonas habilitadas para o paseo peonil en numerosos puntos do concello debido á proliferación de herbas e maleza sen controlar que está a invadir os espazos públicos, obrigando en moitos casos aos veciños a camiñar pola calzada con perigo para a súa integridade.
O voceiro popular, José Manuel Gómez Puente, denuncia que a falta de mantemento non é só unha cuestión estética, senón un problema de seguridade viaria e salubridade. “É inaceptable que en plena primavera, preto xa do inicio da campaña de verán, cando máis xente sae camiñar, as beirarrúas estean impracticables e cubertas de silvas e herba”, lamentou.
Unha actuación que deberíade realizarse evitando herbicidas, os coñecidos como glifosato sódico “por ser un producto tóxico para o medio ambiente”.
O voceiro popular insta ao goberno local a que asuma as súas responsabilidades de xeito urxente a través de dúas vías:
– Vías municipais: O Concello debe proceder ao desbroce e limpeza inmediata de todas as zonas que son da súa competencia directa
– Vías provinciais: A alcaldesa debe dirixirse formalmente á Deputación de Lugo para requirirlle a limpeza das marxes e aceras nas estradas da rede provincial que atravesan o noso municipio e que se atopan en estado crítico
“Os veciños de Barreiros pagamos os nosos impostos para ter uns servizos básicos dignos. O Concello non pode mirar para outro lado mentres a maleza devora os espazos de paseo”, explicou.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



