A Mariña, 4 de maio de 2026. Esta mañá partiu desde Foz un grupo formado por representantes técnicos da Mancomunidade de Concellos da Mariña e de establecementos distinguidos no SICTED, xunto con persoal técnico dos Concellos, para visitar durante os vindeiros tres días a Reserva Natural da Biosfera de Urdaibai, no País Vasco. Esta viaxe de prospección -no marco do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña e máis concretamente no programa do SICTED, cofinanciado pola Mancomunidade, Xunta de Galicia e Secretaría de Estado de Turismo (SETUR)- ten como obxectivos coñecer o modelo de gobernanza e xestión deste enclave natural vasco, así como achegarse ás experiencias e boas prácticas de xestión turística que as diferentes entidades desenvolven na zona.
A través desta iniciativa, impulsada pola Mancomunidade, trátase de observar no territorio como se xestiona un destino turístico que garda importantes similitudes coa Mariña. Así, o equipo técnico coñecerá de primeira man o seu tecido turístico; a oferta de produtos e servizos; o enfoque de sostibilidade na xestión turística; e a repercusión deste modelo no propio territorio. Un coñecemento que se poderá trasladar de maneira positiva ao turismo da Mariña.
Urdaibai, reserva da biosfera
Urdaibai, territorio declarado Reserva de la Biosfera pola UNESCO en 1984, abarca un territorio de 22.000 hectáreas integrado por diferentes paisaxes (montañas, praias, ríos, cantís e augas soterradas) que conforman un destino espectacular da costa do País Vasco.
Está considerado como un dos espazos naturais máis valiosos do Norte de España e a día de hoxe é un referente en conservación natural e turismo sostible. Natureza, biodiversidade, cultura, gastronomía e ocio conforman unha oferta turística vinculada á comunidade local e fundamentada na calidade e na sostibilidade. Forman parte desta reserva lugares moi coñecidos, como son Gernika-Lumo, Bermeo ou Mundaka.
A súa organización e desenvolvemento converteron a Urdaibai nun interesante modelo de xestión de destinos turísticos, xa que representa o equilibrio entre a protección á contorna e á poboación e o turismo como actividade económica.
Programa da viaxe
Será unha intensa viaxe de tres días na que a delegación mariñá se reunirá con representantes de institucións locais de Urdaibai, así como con emprendedores que xestionan empresas de produtos e servizos na zona. Nestes días coñecerán de primeira man diferentes experiencias orientadas á xestión turística sostible deste territorio vasco, así como as solucións implementadas naqueles espazos naturais especialmente sensibles.
Día 1 – 4 de maio
Reunión con Begoña Gangoiti, directora de Turismo de Bermeo, para analizar a xestión de visitas en San Juan de Gaztelugatxe.
Día 2 – 5 de maio
Visita a Ekoetxea Urdaibai, primeira Ekoetxea de Euskadi.
Encontro Técnico en Torre Madariaga que inclúe:
Análiseda xestión turística de Busturialdea Urdaibai xunto ao director da Reserva da Biosfera de Urdaibai e responsable da Carta Europea en Turismo Sostible (CETS), Joseba Santorum; Lurdes Romano-Agirre, asistencia técnica da CETS; e Aitziber Ansotegi, xerente da Asociación de Desarrollo Rural Urremendi.
Presentación do produto turístico Urdaibai –Bike Reserve Destino Cicloturista
Mesa de traballo con asociacións empresariais e empresas que responden ao Código Ético do Turismo vasco e na Fase III da CETS, liderada por Ana Iturbe.
Visita ao pobo de Mundaka para coñecer a súa vinculación co surf e outras actividades na natureza, e ao hotel ecolóxico Lurdeia.
Día 3 – 6 de maio
Visitas a empresas de Turismo Activo na Praia de Laida: Ur Turismo activo e Laga Surf
Visita á empresa Izkira cun percorrido pola ría de Urdaibai en barco.
Itinerario xeolóxico ao volcán de Laga coa cooperativa en xeoturismo e educación ambiental, Ekobideak.
Visita guiada ao Urdaibai Bird Center.
Visita a adega de txakoli Talleri.























O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



