Lugo, 8 de maio de 2026. O Sindicato de Técnicos de Enfermaría (SAE) en Lugo celebra o Día do Técnico de Enfermaría cunha exposición dedicada a poñer en valor o labor das Técnicas en Coidados de Enfermaría (TCE). A mostra recolle diferentes traxes e uniformes utilizados polo colectivo ao longo das distintas épocas, amosando a evolución da súa indumentaria profesional.
Segundo explica a secretaria provincial de SAE Lugo, Trinidad Marín García, “Los cuidados siempre están de moda nace co obxectivo de percorrer a evolución da uniformidade das profesionais dos coidados e observar os cambios que experimentou en favor da comodidade e, sobre todo, da hixiene, un aspecto esencial en todo o relacionado coa saúde e a enfermidade. A exposición permite facer un percorrido histórico, desde os inicios ata a actualidade, polos traxes empregados polas coidadoras en Galicia”.
A exposición poderá visitarse no Hospital Público da Mariña (Burela) os días 11 e 12 de maio, e no Hospital Universitario Lucus Augusti (Lugo) o día 13. Ademais de ofrecer unha mirada histórica, a iniciativa busca visibilizar o papel imprescindible das TCE na atención sanitaria e sociosanitaria da cidadanía galega.
Entre as principais reivindicacións do colectivo destacan: o respecto ás súas funcións, o recoñecemento do seu papel fundamental nos equipos asistenciais, a necesidade de reforzar as plantillas e a reclasificación profesional con retribución acorde ás súas competencias.
Desde SAE Lugo subliñan que esta exposición é tamén unha oportunidade para lembrar a importancia das TCE no sistema sanitario e para reclamar os avances profesionais que o colectivo leva anos demandando.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.


