Foz, 14 de maio de 2026. A Romaría do Bispo Santo celebrarase esta fin de semana en Mourente, no municipio de Foz, mantendo viva unha tradición popular que suma entre 300 e máis de 380 anos de historia, segundo lembraron hoxe as institucións colaboradoras. Tanto a Xunta de Galicia como a Deputación de Lugo participan no apoio ao evento, organizado pola Asociación Cívico-Cultural Bispo Santo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou “a vixencia dunha tradición que se transmite de xeración en xeración e segue a ser un dos eventos máis populares da Mariña”. Pola súa banda, a deputada de Cultura, Iria Castro, puxo en valor “o traballo da Asociación Cívico Cultural Bispo Santo para dar continuidade a unha celebración secular que expresa o sentimento de comunidade e de pertenza da veciñanza de Foz”, así como o papel do tecido asociativo na preservación da identidade cultural.
A romaría lembra a figura do bispo Gonzalo (s. XI), a quen a lenda atribúe a defensa de Britonia fronte ás invasións normandas. Segundo o mito, desde o monte da Grela —onde se refuxiou con poboadores da zona— provocou unha tormenta de vento e ondas que fixo naufragar as embarcacións inimigas fronte á costa de Foz.
Os actos previos comezaron o pasado día 10 co pregón do director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, e o traslado da imaxe de San Gonzalo desde a basílica de San Martiño de Mondoñedo ata a ermida situada no monte da Grela. Alí se concentran tamén as casetas e a zona de merendeiros onde familias e grupos de amigos desfrutarán da festa durante toda a fin de semana.
A programación inclúe propostas para todos os públicos. No apartado musical, o venres actuarán as orquestras Show e Origen; o sábado será a quenda de Grupo Sensación e Panorama City; e o domingo pecharán Los Satélites e Festicultores. A Deputación achega ademais un espectáculo infantil de Pulpiño Viascón e música tradicional con Dambara, reforzando o carácter popular e familiar da celebración.
A romaría culminará o domingo 24 co regreso da imaxe de San Gonzalo á basílica de San Martiño de Mondoñedo e coa misa final, poñendo o broche a unha das citas máis emblemáticas da cultura mariñá.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



